Obradoiro de radio

 O pasado xoves, 25 de maio, o alumnado de 3º de Primaria gozou dun obradoiro de radio impartido por Damián, de Ponte nas Ondas. Nel estiveron a traballar distintos aspectos a ter en conta para a creación dun programa de radio, como pode ser a maneira de expresarse, para despois poñer en práctica eses coñecementos elaborando un guión e realizando un pequeno programa por parellas. Todos pasaron polos micros e todos manexaron a mesa. Foi unha xornada moi instrutiva, na que os nosos alumnos e alumnas o pasaron moi ben ao tempo que aprendían. Moitas grazas a Damián, unha vez máis, polo seu bo facer. Repetiremos!









O ano do mar. Departamento de Lingua Inglesa ESO

 Ao longo do curso, o alumnado de Secundaria estivo traballando, dentro da materia de Inglés, diferentes aspectos relacionados co PDI de centro, "O mar".

  • No primeiro trimestre prepararon unha lectura sobre curiosidades do "Titanic" e a súa tráxica historia para a Hora de ler. En grupos, o alumnado foi traducindo e compartindo co resto da clase a parte que lle correspondía, para despois facer unha exposición sobre a mesma. O alumnado que participou foi o de 2º, 3º e 4º da ESO.
  • O alumnado de 3º da ESO traballou sobre peixes en perigo de extinción, tras unha selección previa entre as moitas especies en perigo. Realizaron individualmente unha ficha cos datos máis relevantes sobre cada un deles: hábitat, expectativa de vida, alimentación, número de exemplares, perigos que ameazan a súa supervivencia...

  • Tamén en 3º da ESO realizaron un traballo biográfico sobre algunhas das mulleres e homes que están contribuíndo, con pequenas ou grandes accións, a preservar os nosos mares e océanos, mantelos limpos e salvagardar a vida mariña.




  • O alumnado de 1º da ESO realizou lecturas sobre curiosidades sobre a figura dos e das piratas.



  • O alumnado de 4º da ESO traballou tamén sobre o uso e significado dalgunhas frases idiomáticas con "fish".

  • En todos os cursos da ESO o alumnado gozou dunha selección de lecturas de temática mariña.
  •  Con todos eses traballos realizaron exposicións nos tabolerios do centro para o resto de alumnado. Parabáns por todo ese traballo!










O ano do mar en 5º de Infantil

  •   O alumnado de 5º de Infantil comezou o curso traballando o conto "O Polbo Morado vai á escola", do que fixeron títeres e unha representación que se pode ver no vídeo. Cada un elaborou o seu conto escribindo e debuxando.

  • Colaboraron na realización do mural do 25N co resto de alumnado e Infantil e elaboraron os seus porpios peixes Arcodavella.
  • Realizaron adornos de Nadal con cunchas de mexillóns que converteron en Papá Noel.
  • Para os aniversarios da aula crearon as súas coroas mariñas e agasallamos aos compañeiros e compañeiras con debuxos en marcos mariños.
  • Para as súas merendas saudables elaboraron peixes con froita que logo comeron.
  • Con motivo do Día mundial da auga crearon ruletas coas que aprenderon o ciclo da auga. Tamén decoraron unhas nubes con gotas de auga e con pasta de modelar, e empregando como molde unha cuncha de mexillón, fixeron as súas gotas de auga que logo pintaron e converteron en colgantes.
  • Fixeron barcos con cáscaras de noces e con tonas de laranxas que logo tiraron ao río.
  • Decoraron coras de piratas, baixo o lema "Piratas pola paz" para o Día da paz, e fixeron barcos de papel nos que escribiron palabras e mensaxes de paz e solidariedade.
  • Foron completando o seu mural do fondo mariño, durante todo o curso, con polbos feitos con rolos de cartón, cabaliños de mar de cartón, peixes, algas de cores, quenllas...
  • Durante o segundo trimestre traballaron o proxecto "Os piratas": no Entroido caracterizáronse de piratas, levaron sombreiros mariños e decoraron carautas mariñas. Crearon o seu barco pirata lector que forma parte da súa biblioteca de aula. Xogaron ao bingo pirata, decoraron a porta da aula con esta temática. Crearon o seu cofre pirata con moedas e colgantes no que recibiron os pergameos do Capitán Antónimo, conto que inspirou o seu proxecto. A través de Instagram puxéronse en contacto coa autora do libro, Cristina Soler Navarro que lles mandou por correo uns marcapáxinas do conto. Fixeron uns anteollos piratas. Polo 8 de marzo traballaron a pirata Awilda, debuxando e ilustrando a súa historia. Tamén traballaron o conto "A marcha de Paul Klee quere ser pirata".

Barco lector
  • Realizaron unha saída ao acuario de A Coruña, donde aprenderon moitas cousas sobre os animais mariños.
  • Gozaron dunha xincana pirata na que tiveron que resolver dez probas (canción, crebacabezas, sumas, palabras segredas, buscar 15 palabras de temática pirata...) e, unha vez que as fixemos abrimos o cofre e para a nosa sorpresa, cando pensamos que xa se acabara, aí empezaba un novo xogo de psicomotricidade pirata con rimas piratas.



















  • Polo Samagosto fixeron colgantes de cabaza con cunchas e debuxaron monstros mariños.
  • Elaboraron colgadoiros para as portas en forma de animais mariños con motivo do Día do libro.
  • Coa técnica do esgrafiado realizaron o cadro "O peixe dourado", de Paul Klee.
  • Cada alumno e alumna fixo o seu alfabeto do fondo mariño co que aprendeu vocabulario mariño, ademais de escribir, debuxar e ler. Entre todos decoraron cunchas nas que logo escribiron o abecedario e coas que formaban palabras.
  • Crearon o seu mural d´"A arte dos peixes" no que, con diferentes técnicas pictóricas, decoramos peixes ao estilo dos distintos pintores e pintoras.

  • No tercerio trimestre levaron a cabo o proxecto "O fondo mariño" co que aprenderon as partes de diversos animais mariños, como respira e se moven, fixeron crebacabezas e labirintos, traballaron diferentes conceptos matemáticos e a lecto-escritura, aprenderon sobre os deportes acuáticos e o tipo de embarcacións e traballaron a figura da mariscadora...
  • De Joan Miró traballaron o cadro "O peixe cantando", do que fixeron a súa versión debuxando e pintando con acuarela.
  • Xogaron á súa oca pirata, coa que aprenderon vocabulario pirata, os números e tamén  leron.
  • As familias, ás que agradecemos enormemente a súa colaboración, realizaron obradoiros relacionados co fondo mariño para os aniversarios, e axudaron para facer o conto viaxeiro "As aventuras do pingüín Pepín".





























  • Con pasta de modelar fixeron físles mariños nos que escribiron o animal elixido e a palabra "Mar".
  • Participaron no obradoiro "Ti si que es un bo peixe".
Deixamos agora un vídeo co resumo de todas as actividades que levaron a cabo ao longo de todo este "Ano do mar". Parabéns por todo ese traballo!