O ano do mar en Audición e Linguaxe

  Dous dos alumnos de A. L. estiveron a traballar, ao longo do curso, en distintas actividades relacionas co proxecto "O mar".

  • "O noso pequeno fondo mariño" realizado con un alumno de 5º de Infantil.  Para potencias a súa expesión vogal a través do seu centro de interes, as quenllas, foron procurando e aprendendo as características dos animais mariños máis representativos para despois ir elaborando a súa representación con diferentes materiais de reciclaxe nunha maqueta. Remataron coa exposición oral do seu traballo ao resto do alumnado de Infantil.


  • "O mar" para un alumno de 1º da ESO. En cada trimestre o alumno escolleu un tema relacionado co mar e elaborou unha exposición que defendeu diante do grupo clase co obxectivo de traballar a expresión oral e gañar autoestima. Os temas foron: unha embarcación, un animal mariño e un deporte acuático.






Ningún comentario:

Publicar un comentario