Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Competencial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Competencial. Amosar todas as publicacións

O Ano da Música en Proxecto Competencial de 1º, 3º e 6º de Primaria

 Durante o curso escolar 2025-2026, na área de Proxecto Competencial os niveis de 1º, 3º e 6º de Educación Primaria desenvolveron traballo de investigación sobre a música, como tema que estrutura o presente curso académico no C.P.I. Fonte Díaz de Touro.

O traballo dividiuse en tres fases, en función de cada trimestre:

1º TRIMESTRE:

 En primeiro lugar, investigaron as bases físicas e fisiolóxicas do feito musical e da audición no ser humano, aplicados a diferentes exemplos, como a escoita dos instrumentos musicais. Coa información recollida, fixeron esquemas que converteron en murais, posteriormente pegados nos corredores do centro.

 Tras coñecer as bases físicas e fisiolóxicas da música e da escoita, fixeron un percorrido pola historia da música, desde as primeiras manifestacións musicais e a aparición dos primeiros instrumentos, na Prehistoria, ata a actualidade. De cada etapa fixeron unha análise dos contextos sociais e dos avances musicais más importantes, así como unha escolma dos instrumentos utilizados nos devanditos períodos e dos seus compositores e músicos máis salientables (de seren coñecidos). As etapas nas que dividiron a súa investigación foron: Prehistoria, Idade Antiga, Idade Media, Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo, Século XX e Música actual (século XXI). De novo, coa información recollida fixeron uns esquemas de traballo que compartiron co resto do colexio nos corredores do centro.

2º TRIMESTRE:

 No segundo trimestre desenvolveron unha ampla investigación sociolóxica sobre os gustos musicais no Concello de Touro. Para tal efecto, fixeron unha serie de preguntas que cubriran distintos aspectos relacionados coa música e, posteriormente, durante un mes, realizaron un traballo de campo realizando enquisas á xente que atoparon polas rúas e nos negocios de Fonte Díaz. Entre os resultados das súas investigacións salientan que a un 100% dos enquisados lles gustaba a música; que un 21% toca un instrumento musical ou canta; que o 4% dos enquisados tocan nalgún grupo de música; e que o estilo favorito dos enquisados é o folk, nun 30% dos casos.

 De todos os xeitos, a porcentaxe de poboación enquisada representa só o 0,68% da poboación total de Touro, co cal non podemos falar dunha enquisa representativa, mais si que lles serviu para aprender a desenvolver un traballo de investigación a través de enquisas/entrevistas e como analizar seus resultados.

3º TRIMESTRE:

 No terceiro trimestre centráronse nos grupos musicais que existen hoxe en día en Touro, fixeron unha recollida de información sobre os mesmos e entrevistas aos responsables de dous deles: a Banda de Música Municipal “Isabel II” de Touro e a Asociación Cultural A Pinguela de Bama. Tamén entrevistaron aos compañeiros que forman parte destes grupos musicais, para coñecer como eran as súas experiencias nestes grupos e as súas rutinas de traballo.

Con todos os materiais de traballo crearon unhas carpetas nas que foron recollendo as investigacións e estudos ao longo do curso.





O Ano da Música en Proxecto Competencial de 4º de Primaria

  O alumnado de PC de cuarto de primaria estivo investigando sobre os distintos xéneros musicais. Cos datos recollidos elaboraron un cartel cada un, hoxe deixámosvos unha mostra dos mesmos.



A mellor sopa do mundo

  O alumnado de 6º de Infantil de Relixión e de Proxecto Competencial estivo a traballar, de forma conxunta, o conto A mellor sopa do mundo, de Susanna Isern. Primerio leron o conto na clase, para posteriormente adaptala a obra de teatro. Repartíronse o papeis e o alumnado estivo a ensaiar, primeiro na súa aula e posteriormente en Audiovisuais. A representación tivo lugar o día da súa graduación ante as súas familias, dúas das cales foron as encargadas de preparar o fermoso decorado que acompañou durante todo o acto.





 Unha vez representada acudimos á radio do cole e fixemos un programa de radio da sección de contos.















Tren de inverno

  Neste ano d'O bosque, os alumnos e alumnas de Proxecto Competencial e de Relixión de 5º de infantil estiveron a traballar sobre o conto de Tren de inverno, de Susanna Isern. Primeiro leron o conto en clase para posteriormente adaptalo como obra de teatro. Repartidos os papeis o alumnado memorizou as súas frases e estiveron a ensaialas na clase. No festival de fin do primeiro trimestre representaron a obra para todo o alumnado de Infantil e Primaria, con grande éxito.


 Posteriormente o alumnado interpretouno na radio da biblio, recuperando unha sección de contos.


 Aquí vos deixamos o resultado de todo ese traballo: