Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo resumo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo resumo. Amosar todas as publicacións

Vídeo resumo

Estamos a piques de rematar o curso, e, aínda que hai cousas pendentes por compartir, hoxe queremos deixarvos por aquí o vídeo resumo das actividades que se foron levando a cabo ao longo do ano. Como veredes, traballouse moito. Moitas grazas a todas e a todos os que o fixeron posible. Agora a descansar. Desexámosvos que pasedes un moi bo verán e felices lecturas!

Vídeo resumo- O Ano da Música


Vídeo resumo do curso.

 Pouco a pouco chegou o final deste curso no que o bosque foi o protagonista no noso centro. Para despedirnos deste ano académico deixámosvos o vídeo co resumo das actividades que se levaron a cabo no noso centro. Non están todas, foi moito o traballo que se fixo ao longo do curso por parte de toda a comunidade educativa, polo que non podemos máis agradecidas. Moitas grazas por toda a colaboración! Agardamos que pasedes un moi bo verán e que gocedes de moitas lecturas. Vémonos en setembro coas pilas ben cargadas para celebrar o 50º aniversario do cole e ,con el, o que será o noso Ano da historia!

Bo verán e felices lecturas! 

O Equipo da biblioteca do CPI Fonte Díaz








Vídeo resumo

 O último día do curso, todo o alumnado do centro pasou pola biblioteca para despedirnos dela por este curso e despedir tamén o proxecto no que estivemos a traballar ao longo de todo o curso, "O mar". Fixémolo, entre outras cousas, visualizando o vídeo resumo do curso no que se recollen algunhas das actividades desenvolvidas ao longo do curso. Esperamos que vos guste e bo verán!