Obradoiro con Rebeca Tallón e Os d´Abaixo

  O pasado xoves levouse a cabo o obradoiro de Lectura e Familias. O obradoiro constou de dúas partes; na primeira, Rebeca Tallón, da Asociación Cultural A Pinguela, de Bama ensinounos uns cantos pasos de baile tradicional, tanto da muiñeira como da xota, para prepararnos para a segunda parte do obradoiro: o concerto de Os d´Abaixo. Na segunda parte, a música de este grupo e o bo facer de Rebeca, animounos a por en práctica o aprendido na primeira parte.

 Foi unha tarde marabillosa, por iso só podemos dicir: GRAZAS. Grazas ás familias, ao profesorado e ao alumnado que se quedou e se animou a bailar; grazas a Rebeca por ensinarnos a bailar e prepararnos para o que ía vir despois; grazas a Os d´Abaixo pola súa música, por facernos bailar, pero, sobre todo, pola súa xenerosidade. Foi unha sorte poder contar con eles e gozar da música e do baile como o fixemos, polo que nos consideramos moi afortunadas!











































Ningún comentario:

Publicar un comentario