Amosando publicacións coa etiqueta Bolsas viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bolsas viaxeiras. Amosar todas as publicacións

AS BOLSAS E MOCHILAS VIAXEIRAS XA DE VOLTA


Longa e entretida foi a viaxe destas saquiñas de libros e diversión. Agora tócalles descansar para comezar de novo o seu percorrido o vindeiro curso.

4 membros do voluntariado foron os encargados de darlles a benvida de novo á biblioteca!








BOLSAS VIAXEIRAS DE 4º INFANTIL



As bolsas viaxeiras de 4°de Infantil comezan a súa andadura. E van ben cargadiñas...  Que teñades unhas moi boas lecturas en familia!!









AS BOLSAS VIAXEIRAS PONSE EN MARCHA...


As bolsas viaxeiras están a comezar o seu percorrido polas casas do alumnado de Infantil. Estas son as imaxes da posta en marcha da de 5° con Roque, a mascota que as acompaña. Gozade das lecturas en familia e xa nos ides contando... 

Boa viaxe e boas lecturas! 



CHEGADA DAS BOLSAS E MOCHILAS VIAXEIRAS


Temos aquí as imaxes do alumnado co que remataron a súa longa viaxe as mochilas e as bolsas viaxeiras, e co alumnado voluntario dando fe da chegada. E veñen as bolsas e mochilas cargadas de recordos, de imaxes, de momentos vividos en familia,... na libretiña que acompañou aos libros no seus percorridos.


Benvidas, mochilas e bolsas! Agora tócavos descansar. O ano que ven emprenderedes unha nova viaxe… 


























Bolsas viaxeiras en ruta!


Fai uns días foron as mochilas viaxeiras de Primaria e agora toca o turno de  amosar o comezo da andadura das bolsas viaxeiras de Infantil. Agora... a ler toda a familia!

Felices lecturas!!
📚📚