O pasado xoves, 4 de xuño, celebrouse a II edición do Concerto Intercentros. Nesta ocasión con un centro máis, o CEIP de Agolada, que se sumou ao CPI Fonte Díaz, ao CEIP Ortigueira e ao CPI Camiño de Santiago, que este ano exerceu de colexio anfitrión. Un gran traballo no que colaboraron moitas persoas para que puidese saír adiante, polo que non queda máis que dar os nosos parabéns ao profesorado e ao alumnado que o fixo posible. No caso do noso centro, alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e os mestres deses cursos, xunto co meste de música. Parabéns! Compartimos o manifesto deste concerto.
"Hoxe xuntámonos para algo máis ca un concerto, xuntáronse para escoitar o que somos, para pñerlle música á nosa terra e para lembrar que a cultura galega non vive só nos libros, nin nos museos, nin nas lembranzas: vive cando a falamos, cando a cantamos, cando a compartimos e cando a facemos medrar entre todas e todos.
A nosa música é patrimonio, é memoria e é futuro. Nela están as voces das persoas que viñeron antes ca nós, os camiños dos nosos pobos, as festas, as feiras, os ríos, as escolas e as palabras que nos fan sentir parte dunha mesma comunidade.
Este ano lebramos tamén a Begoña Caamaño, muller de palabra firme, xornalista, escritora e defensora da lingua glega. Ela deixounos unha semente: a semente da palabra, do pensamento crítico, da igualdade e do amor pola nosa lingua. Hoxe, nós recollermos esa semente e facémola soar en forma de canción. Porque cada escola trae unha voz, cada lugar trae unha historia, e cando todas esas voces se xuntan, nace algo fermoso: unha Galicia máis viva, máis nosa e máis compartida."

Ningún comentario:
Publicar un comentario