Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

Letras Galegas 2026

 O pasado domingo celebrouse o Día das Letras Galegas e foron varias as actividades que se levaron a cabo para conmemorar esta data tan sinalada das nosas letras:

-Lecturas que nos axudaron a coñecer a Begoña Caamaño, así como as novas incorporacións a nosa Biblio.
-Vistas aos paneis con información sobre a autora.




-Elaboración, por parte do alumnado de 5° de Infantil dun flipbook (libro móbil ou interactivo). Esta ferramenta pedagóxica permitiu aos máis cativos achegarse á figura da homenaxeada, a xornalista e escritora Begoña Caamaño dun xeito lúdico.










Feliz día das Letras Galegas

Recital poético da Letras galegas

 Este curso, no que o Día das letras galegas estivo adicado a Luísa Villalta, decidimos convocar o I Recital poético das Letras galegas. O pasado mércores, 22 de maio, e como actividade para poñer fin ás actividades do "Mes das letras", xuntámonos no patio de Primaria todo o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria (salvo un par de cursos que ían de excursión) para o recitado. A selección poética estivo centrada, sobre todo, en fragamentos de obras de Luísa Villalta. Foi unha actividade moi fermosa e que esperamos repetir nos próximos anos.






 




Homenaxeando a Francisco Fernández del Riego

 O alumndo de Infantil realizou un fermoso mural e uns colgadoiros con información do autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas. 





Por outra banda, o alumnado de 5º de primaria quixo celebrar o Día das letras cun rap composto e cantado por eles que lles quedou así de ben, agardamos que vos guste!


Exposición "Resistencia"

Con motivo da celebración do Día das letras galegas (que este ano homenaxea a Francisco Fenández del Riego, gran defensor da cultura galega) celebramos a exposición "Resistencia". Enviamos a todo o alumnado unha folla na que podían pegar fotos de elementos do patrimonio da súa aldea/parroquia, obxectos de oficios tradicionais ou imaxes relacionadas cos mesmos. Con todo o material montamos a exposición nos corredores do colexio e que poderá ser visitado ao longo de toda a semana das letras.
















Apadriñamentos lectores

  Esta semana por fin se levaron a cabo os apadriñamentos lectores! Esta é unha das actividades do noso Mes das letras e comezámolos con motivo do Día do Libro, pero debido ao mal tempo, adiámolos ata esta semana, a semana das Letras. Foi unha xornada que disfrutaron tanto os nosos voluntarios e voluntarias, que foron os encargados de facer as lecturas, como o alumnado de Infantil, aos que leron. Foi unha xornada moi festiva e enriquecedora e que a todos lles gustaría repetir.



















Mes das Letras

 Achégase o Día do Libro e son moitas as actividades que estamos a preparar con motivo desa celebración, polo que unirémolo ao Día das Letras Galegas para celebrar o Mes das Letras con propostas que saen do EB e do EDL. Entre esas actividades non poden faltar os nosos tradicionais apadriñamentos lectores, así como as entregas de premios dos pasaportes lectores e por fin coñeceremos o nome e o logo da nosa radio!

 Outra actividade, moi especial para nós, será a finalización do noso proxecto "Un nen@, unha árbore": o noso alumnado levará as súas árbores, plantaranas e enviarannos fotos da súa plantación, pero, así mesmo, e grazas á colaboración do Concello que nos cedeu unha parcela, faremos unha plantación de árbores por clase para recordar este fermoso proxecto.



Outras actividades serán a exposición "A volta ao mundo en 80 libros" na que contaremos con libros típicos, e non tan típicos, de distintos países. 



 Tamén tentaremos dar a "Volta ao mundo en imaxes", con fotos de distintos lugares proporcionadas polas familias. 



 As familias terán tamén un papel protagonista en outra das actividades que desenvolveremos e que nos quedou pendente o curso pasado. As familias que se animaron virán ao centro e contarannos as súas experiencias vivindo e viaxando polo mundo. Moi pronto contaremos máis sobre esta actividade que nos fai moita ilusión.


 Tamén, dende o EDL propóñennos participar na celebración dos Maios para o que se solicitará a todo o alumnado colaboración para a realización dun Maio con elementos da natureza tales como fiunchos, flores, xestas...
Así mesmo, este ano o Día das Letras Galegas esá adicado a Xela Arias e dende o EDL e do EB propuxemos as seguintes actividades:
-Para os cursos de Infantil e Primaria a proposta é ilustrar poemas do libro Darío a diario.
-Para a ESO a realización de vidopoemas sobre a poesía de Xela Arias.

 E para rematar a celebración do Mes das Letras contaremos, o 19 de maio, cunha visita moi especial, Eva Mejuto achegarase ao noso cole para falarnos do seu conto "Dez gatiñas viaxeiras".



 
Pouco a pouco iremos compartindo fotos de todas as actividades, moitas grazas pola vosa colaboración!


Pronto contaremos máis!