Vídeo resumo do curso.

 Pouco a pouco chegou o final deste curso no que o bosque foi o protagonista no noso centro. Para despedirnos deste ano académico deixámosvos o vídeo co resumo das actividades que se levaron a cabo no noso centro. Non están todas, foi moito o traballo que se fixo ao longo do curso por parte de toda a comunidade educativa, polo que non podemos máis agradecidas. Moitas grazas por toda a colaboración! Agardamos que pasedes un moi bo verán e que gocedes de moitas lecturas. Vémonos en setembro coas pilas ben cargadas para celebrar o 50º aniversario do cole e con el o que será o noso Ano da historia!

Bo verán e felices lecturas! 

O Equipo da biblioteca do CPI Fonte Día








Obra de teatro "Los últimos días"

  Hoxe queremos compartir a obra de teatro levada a cabo polo alumnado de 6º de Primaria que leva por título "Los últimos días". Representárona para todo o alumnado de infantil e primaria e agora queremos que a gocedes tamén por aquí, agardamos que vos guste!



Coñece o teu concello

  Ao longo deste curso, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º de Primaria estivo a traballar sobre o concello. Con todo o traballo desenvolvido ao longo do curso elaboraron un programa de radio que agora queremos compartir con todos vós. Espero que vos guste!

Coñece o teu concello



Despedida da biblio

 O último día de curso aproveitamos para facer a despedida do curso na biblioteca. Todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria pasaron pola biblioteca para despedirnos do proxecto que nos acompañou ao longo de todo o curso, o bosque. Fixémolo vendo o vídeo no que resumimos todas as actividades levadas a cabo ao longo do curso, que pronto subiremos aquí, e repartindo as recomendacións lectoras para o verán. Así mesmo, comentamos que os días 26 e 27 de xuño a biblioteca estaría aberta para que puidesen levar lecturas para o verán. Pouco a pouco imos achegándonos ao final deste curso e pronto desevarevos un bo verán!




Lectura e familias

  Este curso entramos a formar parte do programa Lectura e familias. Ao longo do curso os pais e nais do alumnado de infantil, etapa na que se centraron as actividades, participou activamente no desenvolvemento de obradoiros.

 Aproveitando a celebración dos aniversarios dos seus fillos e fillas, os pais e nais prepararaban e poñían en práctica distintos obradoiros para todo o alumnado da aula. Eses obradoiros estiveron, ademais, relacionados co PDI de centro, o bosque. Así fixeron máscaras, coroas, figuras con elementos do bosque... Leron contos centrados en animais do bosque e relataron as súas experiencias paseando polos bosques da contorna.


































 Aportaron materiais para os rincóns temáticos.



 Realizaron manualidades cos libros das mochilas viaxeiras.




 E participaron na elaboración do conto viaxeiro "Lía e o bosque das emocións"