O pasado venres, 23 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas na nosa biblioteca. Fixémolo, como xa vai sendo habitual, coa formación de usuarios, explicando as normas de uso e funcionamento, a distribución dos espazos e organización da mesma, e presentando o PDI de centro para este curso "A fantasía". Repartíronse os pasaportes lectores deste curso, un xeral e outro temático, explicándose tamén as normas para entregalos debidamente cumplimentados.
Así mesmo, alumnado voluntario da biblioteca fixo entrega das mochilas viaxeiras ao alumnado de Infantil e Primaria que lle corresponde iniciar a andaina das mesmas.
Este curso, como novidade, presentouse un novo espazo habilitado para o tempo de lecer do alumnado, a "Aula de xogos", dentro da iniciativa "Patios inclusivos". Así, explicáronse tamén as normas de uso da mesma, os días de apertura e o material que o alumnado vai ter á súa disposición. Esperamos que gocen e coiden moito deste espazo!