O alumnado de 6º de Infantil, coa axuda das mestras Lucía e Susana, fixo unha adaptación teatral da obra "O Grúfalo", de Julia Donaldson. Representárona para as súas familias e quixeron deixala gravada na radio para compartir con nós. Moitas grazas e parabéns por ese gran traballo!
Un último adeus
Hoxe traémosvos un programa de radio moi especial. Alumnado de 4º da ESO, ante a súa despedida do centro onde compartiron vivencias durante 12 anos, fai un repaso polos seus anos de escolaridade, os mestres e mestras, profesores e profesoras, comedor e moitas cousas máis. Unha despedida moi especial, esperamos que vos vaia moi ben na nova etapa que comezades!
O achado do castro
Hoxe queremos compartir con vós o programa de radio teatro elaborado polo alumnado do club de lectura Lectour@s. Despois da lectura da obra de teatro "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala, o alumnado do club fixo unha adaptación do texto e eles mesmos gravaron o programa que agora vos compartimos. Esperamos que vos guste! Parabéns por ese gran traballo!
Programa de radio FP ou Bacharelato?
Alumnado de 4º da ESO levou a cabo un debate radiofónico sobre as vantaxes e saídas tanto do Bacharelato como de FP. Moi interesante, agardamos que vos guste!
Programa de radio sobre Intelixencia Artificial
Un grupo de alumnos de Secundaria realizou un programa de radio debatindo sobre a Intelixencia Artificial. Achegaron interesantes conclusións, recomendamos unha escoita moi atenta. Parabéns rapaces!
Intelixencia Artificial, inimiga ou aliada?
Programa de radio 50 aniversario.
O alumnado de Proxecto Competencial de 2º e de 5º de Primaria realizou un programa para celebrar os 50 anos de historia do colexio. Para iso levaron a cabo varias entrevistas que recolleron no programa que vos compartimos a continuación. Entre os entrevistados e entrevistadas contamos con antigas alumnas, alumnas actuais, unha profesora, a directora ou a cociñeira. Agardamos que vos guste!
Programa de radio 50 aniversario
Radio aniversario.
Con motivo da celebración do 50 aniversario do centro a radio instalouse na biblioteca, normalmente ten o seu propio espazo, e alumnado de 5º de Primaria realizou entrevistas a diferentes persoas que quixeron celebrar eses 50 anos de vida. Aquí vos deixamos as diferentes entrevistas, esperamos que as gocedes tanto coma nós.
O Ano da Historia en 5º de Primaria
Traémosvos agora un proxecto que levaron a cabo os alumnos e alumnas de 5º de Primaria.
Neste curso 24/25 o alumando de 5º de Primaria levou a cabo un fermoso
proxecto transversal e profundamente significativo para o propio alumnado! Este
proxecto materializouse finalmente nunha obra de teatro que titularon “A
revolta irmandiña” . Esta obra non só reviviu a memoria histórica das Revoltas
Irmandiñas desde unha perspectiva crítica e participativa, senón
que converteu a aprendizaxe nunha experiencia viva e transformadora. Aquí van
algunhas reflexións para destacar o valor do traballo:
Logros
destacables da obra:
1.
Aprendizaxe
multidisciplinar:
•
Historia: Comprender a loita social na Galicia medieval
e as súas conexións co presente.
•
Lingua e
literatura: Exercitar a
escrita creativa (guión), a expresión oral e a dramatización.
•
Artes
plásticas: Traballo
colaborativo na escenografía (castelos, aldeas, vestiario...).
2.
Competencias
socioemocionais:
•
Superar o medo
a falar en público mediante o teatro, unha ferramenta poderosa para a
autoestima.
•
Empatía
histórica: Poñerse no
lugar dos irmandiños e dos señores para debater sobre xustiza e poder.
3.
Valores
transversais:
•
Igualdade e
loita contra a inxustiza: A
obra serviu para reflexionar sobre como as desigualdades de clase aínda existen,
e como a acción colectiva pode cambialas.
• Compañeirismo: Traballar en equipo (actores, escenógrafos, narradores...) reforzou a cohesión do grupo.
O que fixeron non foi só unha obra de teatro: foi
un acto de xustiza educativa. Os irmandiños levantáronse contra os
castelos, e eles, ao representalos, derrubaron muros do medo e a desmemoria. A historia non só se escribe...
¡tamén se actúa!
A obra foi representada para todo o alumnado e o profesorado do centro, pero ademais foi unha das actividades que se levaron a cabo na celebración do 50 aniversario do noso colexio e tamén se fixo a gravación na radio para que todos e todas os que non puideron asistir á representación puidesen gozar dela. Parabéns por ese gran traballo!
Patrimonio relixioso do concello de Touro
O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a traballar, na área de Relixión e Moral Católica sobre o patrimonio relixioso das súas parroquias. Moitos deles realizaron gravación de radio coas súas presentacións. Este é o resultado, realizaron un gran traballo. Parabéns!
Traballo de Sofía e Macarena. Santa María de Loxo:
Programa de radio Santa María de Loxo
Traballos de Alan, Daniel, Edurne, Erea, Pablo e Yago. San Xoán de Touro.