Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Francés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Francés. Amosar todas as publicacións

O Ano da Historia en Francés

 Neste Ano da Historia non só investigamos sobre o patrimonio de Touro, senón tamén sobre o de París e que rematou con unha visita á cidade.

A ville de l'amour foi, para o noso alumnado de francés de 3º e 4º de ESO, o escenario de percorridos e anécdotas inesquecibles.

Previo á súa viaxe, durante varias semanas fixeron durante as clases de francés un traballo de investigación e logo de presentación dos proxectos relacionado cos lugares e monumentos que ían ver ou visitar como o Louvre, a Torre Eiffel ou o palacio de Versalles. Os proxectos realizáronse a través de grupos colaborativos para que o alumado estivera preparado a tódolos niveis para entender mellor a visita da Capital francesa.

A súa viaxe comezou o luns 7 de abril pola tarde, cando puxeron rumbo cara a capital francesa con ganas de coñecer esta marabillosa cidade chea de historia e cultura ademais de, por suposto, practicar o idioma. Pola noite deron un paseo en Bateau- Mouche podendo gozar dunha panorámica de París cos seus monumentos máis emblemáticos e ver a Tour Eiffel iluminada, toda unha fermosura.

O martes 8 pola mañá o bo tempo acompañounos para subir ata o segundo andar da Torre Eiffel e recrearse cunhas estupendas vistas da cidade. Despois pasearon ata o Trocadéro e o Champs de Mars. Pola tarde, camiñaron ata o Concello de París (Hôtel de ville), a catedral Notre Dame e o Quartier Latin. Viron l'Université da Sorbonne, visitaron o Panthéon coa tumba de Napoléon e gozaron do sol no Jardin du Luxembourg.

O mércores 9 seguiron o seu itinerario por París e visitaron a primeira hora o barrio de Montmartre coa Basilique du Sacré Coeur. Un barrio con aires bohemios que lle dan todo o seu encanto. Despois de xantar achegáronse ao  museo do Louvre e as súas obras mestras. Ao saír puideron contemplar a súa pirámide de cristal e l' Arc du Carroussel. A continuación, cruzaron o Jardin des Tuileries, a Place da Concorde onde está o Obelisco e foron paseando ata les Champs Elysées para chegar ao Arc de Triomphe, un paseo de máis de 3,5 quilómetros de ensoño.

O xoves 10  foron dirección Versalles onde visitaron o palacio e os seus inigualables xardíns, así como a aldea de Marie Antoinette.. Que marabilla!


O venres 11 para rematar a súa visita da cidade foron ata as Galeries Lafayette que lles permitiu ter un último panorama incrible da Opéra e da Tour Eiffel. Tras estes días de grandes paseos, descubrimentos e risas, puxeron rumbo cara ao aeroporto para  emprender a viaxe de volta a Santiago.

A volta, despois de Semana Santa,  os alumnos tiveron que facer e presentar un diario da viaxe de maneira individual coas súas fotos, impresións, recordos etc e presentalos na clase dando deste xeito por finalizado a súa viaxe cultural a París, pero con moitas ganas de volver, e as maletas e as mentes cheas de "souvenirs".

 




















La Foret

 Compazamos a compartir os proxectos, relacionados co PDI de centro, que foron realizando os distintos departamentos ao longo do curso. Comezamos co proxecto La Foret, levado a cabo polo departamento de Francés co alumnado de 3º da ESO.

 Estiveron traballando o léxico do bosque, do río e da súa contorna, en concreto o río Ulla. Realizaron un mural no que traduciron ao galego e ao francés a fauna e a flora das distintas partes do río e do bosque da súa contorna utilizando lapelas para ver a tradución. Deste xeito o alumnado é quen de nomear, en francés, elementos da súa contorna natura.

 O resultado do seu traballo está exposto fóra da aula para que todo o alumnado poida velo.




Conta contos "Conte avec moi"

  O pasado xoves, 2 de novembro, o alumnado de francés de Secundaria, recibiu a visita de Samuel Mountoumnjou, quen realizou un taller de conta contos con eles. Falaron de aprender a escoitar (nas linguas e na vida), da amizade, da tolerancia e da astucia. Aprenderon nomes de animais e coñeceron países de África onde se fala francés. De novo foi unha visita moi enriquecedora para tod@s!









O ano do mar en Francés

 Hoxe traémosvos as actividades que o alumnado de Francés de Secundaria estivo a levar a cabo ao longo do curso relacionadas co proxecto "O mar.

  • Entre o 17 e o 25 de marzo, o alumnado de 3º e 4º da ESO  foi de excursión á Provenza Frances e á Costa Azul. Visitaron Cassis, un pintoresco pobo portuario bañado polo Mediterráneo e deron un paseo en barco polas calas do acantilado Calanques. Viron tamén os diferentes e tradicionais barcos de pesca.


  • Neste "Ano do mar" o alumnado de 3º e 4º da ESO tamén participou no plan Proxecta "Un mar de sabores" e traballaron diversos temas como a polución no mar, o peixe e o marisco na dieta mediterránea, tipos de barcos de pesca, receitas típicas francesas, españolas e galegas con peixe e produtos do mar, a calidade dos produtos do mar...







  • Empregando ferramentas TIC´s como Genially, Canva, Power Point ou Kahoot, realizaron traballos e exposicións sobre o Día da Paz, elaboración de crêpes (Chandeleur), "Poison de avril" ou día dos inocentes en Francia e que despois expuxeron na clase.



  • O alumnado tamén contou coa visita, o pasado 7 de marzo, da visita do contacontos Samuel Mountoumnjou.


  • Continuaron mantendo correspondencia epistolar, e a través das redes sociais, con alumnos e alumnas franceses cos que xa tiñan contacto previo. Pero, debido ao cambio de centro da profesora Amandine, este curso só puido participar o alumnado de 3º e 4º da ESO.

  • Continuaron coas lecturas de Jules Verne en 3º e 4º da ESO e leron textos e libros coa temática do mar.



Excursión a Provenza

  O pasado mes de marzo o alumnado de francés de 3º e 4 º da ESO, acompañados pocas profesoras Lourdes e Paula, gozaron duns marabillosos días en Francia. Agradecemos a compaña de Ceci, que os coidou un montón e do mellor conductor, Chema. Moitas grazas ao colegio pola a usa ofrecida, que nos fixo gozar desta viaxe cultural. De seguro que lembrarán sempre esta viaxe con moito agarimo.