Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Poesía. Amosar todas as publicacións

Día da Poesía

 O día 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e, un ano máis, no noso centro quixemos celebralo dun xeito especial. O alumnado voluntario da biblioteca fixo un recitado que decicou aos residentes e traballadoras de Os Tercios, a residencia de maiores de Touro. Fano sempre con moito agarimo e este ano non podía ser doutro xeito. Agardamos que lles guste moito!

Moitas grazas a todos e a todas por permitirnos achegarnos, aínda que sexa deste xeito, ata a vosa casa!´






Recital poético

  Un ano máis, o alumnado voluntario da biblioteca realizou un recital poético adicado aos usuarios e usuarias da residencia Os Tercios de Touro. Como este ano o Día das Letras Galegas homenaxea ás cantareiras, os poemas recitados son fragmentos de cantigas tradicionais recollidas de diversas fontes. Como ademais entre as voluntarias hai algunha pandereteira, remata o recital con unha sorpresa que agardamos vos guste. 

Un saúdo moi agarimoso para todos os residentes e traballadoras da residencia e moitas grazas aos voluntarios e voluntarias!


Recital poético






Día da Árbore e da Poesía

 O pasado 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e o Día da Árbore e, para celebralo, no noso cole plantamos unha oliveira e levamos a cabo un recital de poesía. O acto estaba previsto para o propio día 21, pero por mor do mal tempo, tivo que ser adiado ata o mércores 26. Saímos ao lugar da plantación todo o alumnado de Infantil e Primaria, cada clase recitou un poema e despois, entre todos botamos terra para plantar a nosa nova árbore, unha fermosa oliveira, símbolo da paz. Feliz Día da Poesía e da Árbore!



























Día da poesía 2024

 Todos os 2º de marzo celébrase o Día da poesía e, como vén sendo tradicional nestes últimos anos, o alumnado voluntario da biblioteca fixo un recitado de poemas adicado aos residentes de "Os tercios", a residencia de maires de Touro. Fixérono con moito agarimos, recitando poemas das obras Roseira do teu amencer, de Xosé María Álvarez Blázquez, Do A ao Z con... Rosalía, de Ana María Fernández e de Animalario para ler a diario, de Eduard Velasco, todos eles relacionados, dalgún xeito, co bosque neste ano adicado a el. Agardamos que os gocen!


Día da poesía

  Un ano máis celebramos o día da poesía cun recitado dirixido aos residentes de “Los Tercios”, a residencia de maiores de Touro. O poema elixido foi “Rosaura e o mar” de Isabel Blanco. 

 Unha vez visualizado, dende a residencia fixéronnos chegar unhas agarimosas palabras, tanto da dirección  como das traballadoras e dos residentes, para agradecer o traballo dos voluntarios e voluntarias e que todos gozaran do noso poema do mar. 

Moitas grazas por esta fermosa acollida!


Día da Poesía

  O luns 21 de marzo celébrase o Día da poesía e nós queremos facelo dunha forma moi especial. O alumnado voluntario da biblioteca recita uns poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras galegas, aos residentes da residencia "Os tercios" de Touro. Ao non poder facer a visita á residencia, aquí vos deixamos o vídeo do recitado para gocedes destes fermosos poemas. Esperamos que vos gusten!

Poemas Florencio Delgado

 E aquí vos deixamos as imaxes dos residentes de "Os tercios" gozando da poesía:




Día da Poesía 2021

  Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía e no noso cole quixemos facer algo especial. 

 Con motivo do Día Internacional do Cancro, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria crearon un fermoso cadro feito con lazos cargados de bos desexos. A súa profe, Carla, levou despois ese cadro ao CHUS, á área de Oncoloxía Infantil, como agasallo para os nenos e nenas alí ingresados.



 A boa acollida desta actividade animounos a propor aos voluntarios e voluntarias da biblioteca de 6º de Primaria, e para o Día da Poesía, unha lectura de poemas dirixida aos nenos e nenas ingresados nesa área e á se uniron tamén os seus compañeiros e compañeiras de clase. Aquí vos deixamos o resultado, esperando que vos guste tanto como a nós!ç


 Os poemas que nos agasallan foron seleccionados do libro "Mar de mazá" de Elvira Ribeiro Tobío e de "Versos e viceversos"de Antonio García Teijeiro.

Por outro lado, os alumnos e alumnas de 4º de primaria realizaron un concurso de poesía e aquí vos deixamos ás gañadoras declamando obras moi coñecidas, desfrutádeas!


 E, por suposto, non podía faltar a nosa exposición, sobre todo de novidades, de obras recomendadas:









DÍA DA POESÍA


Aínda que nós xa celebramos todo un mes de poesía coincidiendo coa conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, non deixamos pasar, por suposto, O 21 de marzo Día da Poesía, sen algunha actividade...

'Soy la araña de España'


Día da Poesía coas pequenas e pequenos de 3 e 4 anos. Superchula quedou a súa versión de 'Soy la araña de España', de Gloria Fuertes. E cada quen decorou a súa co seu estilo. Artistas!!! 






 


'Transmatria'

Resultado de imagen de transmatria


E tamén neste parte do voluntariado estivo a xogar co profesorado a completar versos do libro 'Transmatria', do compañeiro Daniel Asorey, gañador do Premio libro galardoado no XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Grazas a Daniel por este poemario forte, contundente e no que as mulleres son o gran referente, e ás voluntarias e voluntarios, coma sempre, polo seu entusiasmo. 














'Poetas con todas as letras'


Preciosa a exposición 'Poetas con todas as letras', non é? Fíxoa o alumnado de 1° ESO coa profesora de Lingua Castelá e literatura. Agora toca recitar eses bonitos poemas... 




MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA EN INFANTIL.'MES DE ROSALÍA. MES DA POESÍA'

La imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

Neste 'Mes de Rosalía. Mes da Poesía' as maletas viaxeiras cheíñas de poesía andan polas clases. 

A maleta de Infantil-Primaria estivo estes días nas tres aulas de Infantil e ademais de poder gozar dos poemas e das ilustracións, algún dos seus libros dou para facer bonitas manualidades de San Valentín...

La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, personas sentadas


La imagen puede contener: 10 personas, personas sonriendo

La imagen puede contener: una persona, sentada


La imagen puede contener: una o varias personas y texto


La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadas


La imagen puede contener: una o varias personas y calzado


La imagen puede contener: una o varias personas y texto


La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior

La imagen puede contener: 4 personas, personas sentadas


La imagen puede contener: 3 personas


La imagen puede contener: 7 personas, personas sentadas e interior


La imagen puede contener: una persona, sentada


La imagen puede contener: 4 personas, personas sentadas