Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia en galego 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes da ciencia en galego 2021. Amosar todas as publicacións

Videoconferencia Sonia Villapol

  Esta semana, dentro das actividade do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozou da conferencia "O que aprendemos da pandemia", impartida por Sonia Villapol, científica galega e divulgativa que desenvolve o seu labor no centro Médico de Texas (Houston, EEUU) e que forma parte do equipo de Investigación Internacional da COVID-19.

 Cumpríase un ano da asistecia á videoconferencia impartida por ela mesma e titulada "Só a ciencia nos rescatará da pandemia, na que compartiu connosco un enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas. Nese momento os científicos e científicas aínda investigaban en torno á vacina, daquela en fase de exprerimentación. A día de hoxe, coa maioría da poboación xa vacinada, tentou darnos unha visión actual da situación, desde o punto de vista da ciencia.






Cogomelos

  Un ano máis, dentro do Mes da ciencia en galego, o alumnado de Secundaria gozaron dunha xornada micolóxica. Este curso contaron coa presenza de Cecilia, antiga profesora do centro, quen compartiu con eles a súa sabedoría sobre os cogomelos, acompándoos nunha saída na que recolleron toda clase de fungos que despois clasificaron para a súa exposición. Moitas grazas, Cecilia por esta interesante xornada!
































Os volcáns

 Dentro do Mes da Ciencia en galego e co gallo da erupción do volcán d´A Palma, o alumnado de 5º, 6º de Infantil e o de  5º e 6º de primaria estivo traballando sobre os volcáns. Para rematar as súas investigacións, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria realizaron uns experimentos nos que viron o funcionamento das erupcións para despois compartir os seus coñecementos co alumnado de Infantil así como o resultado dos seus experimentos. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos!