Entroido mariño

  O venres 17 de febreiro celebramos o noso "Entroido mariño"!
 O venres anterio a nosa Dona Meca indicounos os mandado que tiñamos que cumplir ao longo da semana de Entroido.


 Por fin, o venres 17, celebramos o noso entroido. Este ano, despois de dous cursos marcados polas restriciións, recuperamos o tradicional desfile polas rúas de Fonte Díaz. O día acompañou e, tanto o cole como as rúas, enchéronse de medusas, piratas, mariñeiros, seres mitolóxicos mariños como sereas e Medusas, peixes, gondoleiros, mergulladores e toda clase de personaxes relacionadas co mar. Foi, sen dúbida, unha xornada inesquecíbel!











































Visita Rogelio Santos Queiruga

 O xoves 16 de febreiro tivemos a sorte de contar coa visita de Rogelio Santos Queiruga. Algunhas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibilo e acompañalo nunha visita á biblioteca e á exposición de traballos sobre o mar realizados polos alumnos e alumnas de Secundaria, debuxos científicos e "collages" de animais mariños, "lap books" sobre oceanógrafas, así como os nosos barcos da paz. Despois todo o alumnado do cole gozou do seu entusiasmo e o amor que transmite polo seu oficio e seu medio de vida, o mar. Foi unha mañá moi enriquecedora, pola que só lle podemos dar as grazas e desexar telo de novo de visita. Tamén queremos agradecer ás voluntarias o seu traballo.















Visita Blanca Millán

  O martes 7 de febreiro tivemos a maravillosa visita de Blanca Millán acompañada de Ramiro Peralta.
 Preparamos a súa visita cunha exposición dos seus libros, que se foron traballando nas aulas, e anunciouse nas redes sociais do centro.



 O día da visita catro voluntarias da biblioteca foron as encargadas de recibilos e levalos a un percorrido polo cole e, sobre todo, ensinarlles a biblioteca. Despois non nos quedou máis que gozar das súas historias e participar con entusiasmo nas súas cancións. Agardamos telos de volta moi pronto!