O pasado mes de maio visitounos a familia de M. para impartir un obradoiro sobre instrumentos tradicionais. Así, o avó e unhas primas do noso alumnos trouxeron gaita, pandeiretas e frautas para mostrarlles ao alumnado de Infantil e interpretaron unhas pezas cos mesmos. Todo o alumnado de Infantil estivo presente e gozaron coa música. Moitas grazas pola visita, foi unha tarde moi divertida!
O Ano da Música en 4º de Infantil
A música foi o eixo conductor de moitas das rutinas que se desenvolveron ao longo do curso na aula de 4º de Infantil.
A aula está organizada en tres grupos e cada grupo leva asignado un instrumento musical: gaitas, pandeiretas e zanfonas. Eses tres instrumentos foron presentados ao alumnado e escoitáronos nos concertos que gozaron grazas á colaboración das familias e compañeiros do cole.
O Ano da Música en 6º de Infantil
Seguimos compartindo as actividades que se foron levando a cabo nas distintas aulas neste Ano da Música. Hoxe traémosvos as de 6º de Infantil.
“Músicas do mundo”. Este foi un proxecto no que estiveron a traballar ao longo de todo o curso. Coñeceron distintos lugares e estilos musicais ao longo do curso. Comezaron viaxando a África no que coñeceron instrumentos, nanas africanas e cancións actuais como Jerusalema ou a canción do mundial de Shakira.
Despois
foron a distintos lugares de Europa. Partiron dende Rusia para coñecer o ballet de Tchaiskovki, “El
lago de los cisnes”, despois foron ata Italia para coñecer a Laura Pausini e
outras cancións como “Bella ciao”. A súa última parada foi España, para coñecer
a nosa música tradicional e a de Sevilla.
No terceiro trimestre foron de viaxe a Asia, onde coñeceron instrumentos de China e escoitaron cancións da India.
Participamos na elaboración da portada dos CD's de música relacionando un evento musical coa data do seu nacemento. Esta actividade permitiulles viaxar ata América para coñecer grandes artistas como Beyoncé, Michel Jackson e Elvis Presley. Unha vez que a exposición estivo colocada, pasaron a visitala e ver outros CD´s
Actividade: "Compositor Tchaikovsky"
Decoración da porta da aula partindo do compositor Piotr Ilich Tchaikovski e a súa obra de ballet O Lago dos Cisnes. Para introducir a obra, visualizouse un vídeo sobre a biografía do compositor e outro sobre o ballet. A partir desta obra, baseada nun conto alemán, o alumnado participou activamente na elaboración da decoración da porta: cada neno e nena debuxou o seu propio corpo tocando un instrumento da orquestra ou representándose en distintas posicións propias da danza, co obxectivo de simbolizar tanto os músicos como os bailaríns do ballet.
Con motivo do Día da Paz alumnado decorou unha pomba con notas musicais de distintas cores mentres escoitaban a canción: Paz, Paz, Paz de Juanes. Estas pombas decoraron o mural que se elaborou en conxunto con todas as aulas do cole e que está colocado no corredor do comedor. Elaboraron tamén un mural para a aula co lema “A música trae paz ao mundo”, así como con valores que transmite a música (que eles elaboraron con Pictogramas).
Elaboraron e xogaron a un bingo musical onde tiñan que identificar dúas cancións italianas, entre outro vocabulario traballado.
Pero tamén foron moitos os mestres e mestras que lles foron ensinando distintos instrumentos, entre eles algúns feitos con materiais de refugallo.


















































































