O Ano da Música en 4º de Infantil

  A música foi o eixo conductor de moitas das rutinas que se desenvolveron ao longo do curso na aula de 4º de Infantil.

 A aula está organizada en tres grupos e cada grupo leva asignado un instrumento musical: gaitas, pandeiretas e zanfonas. Eses tres instrumentos foron presentados ao alumnado e escoitáronos nos concertos que gozaron grazas á colaboración das familias e compañeiros do cole.



 Para o Entroido vestíronse coa súa versión do traxe tradicional galego, sobre o que estiveron a traballar nas semanas previas. Para a elaboración dos mesmos contaron coa colaboración das familias: avoas e mamás traballaron en equipo para que todos lucisen moi guapos e guapas.



 Por outra banda, a música tamén estivo presente nas rutinas diarias: na asemblea de cada mañá o turno de palabra está na persoa que leva a baqueta na man e que chama a atención dos demais cun toque de pandeiro.













Ningún comentario:

Publicar un comentario