Pouco a pouco imos chegando ao fin de un curso diferente. Tamén no club de lectura Lectour@s rematasmos as nosas sesións. Foron moitas sesión, libros que nos emocionaron, que nos fixeron rir, pero tamén chorar, que nos fixeron viaxar, que nos animaron a charlas moi interesantes... Aquí vos deixamos as fotos das últimas sesións e de como quedou o noso mapa logo de viaxar ao Xapón, á India, á Illa do Principe Eduardo, a Irak e de facer a viaxe de Mali a Tenerife na compaña de Suleimán. Foi, sen dúbida, unha travesía moi interesante, xa estamos preparando a nosa seguinte viaxe, verémonos para o curso que bén!
Roteiro Literario Valle-Inclán
O martes, 1 de xuño, os membros do Club de Lectura Lectour@s seguimos os pasos de Valle-Inclán polas rúas de Compostela. Esta ruta literaria levounos dende a Alameda ata o Mirador de Belvís, pasando polo Obradoiro, A Quintana, Cervantes, O Preguntoiro ou a rúa Nova, entre outras rúas e prazas da cidade, nas que fixemos paradas, en lugares sinalados, para ler fragmentos de obras do autor relacionadas en ditos lugares.
Ademais diso, grazas a Maica, gozamos dunha visita guiada pola Praza de Abastos que rematou con unha sorpresa que Maica tiña preparada para nós: a visita de Brígida, de Xearte Brigitte, e unha degustación dos seus xeados. Fixeron da visita unha gran experiencia inesquecible grazas ás súas explicacións. Como di Anne, a protagonista do libro que o grupo 2 do club limos neste terceiro trimestre "Anne, a de Tellas Verdes" de L. M. Montgomery: "E comemos xeado. Non teño palabras para describir ese xeado. Marilla, asegúroche que foi sublime".
Club de Lectura, comezamos!
O Club de Lectura Lectour@ xa está en marcha! Comezamos coas reunións, que terán unha frecuencia quincenal, o luns o grupo 1 (formado por alumnado de 1º e 2º) e o xoves o grupo 2 (formado por alumnas de 4º e profesorado). Esta primeira xornada foi a de presentación da coordinadora, así como a proposta de lecturas e de actividades a desenvolver ao longo do curso. Tamén se repartiron os cadernos de notas, os calendarios de reunións e uns doces de benvida. Se te queres unir, agardámoste!
Club de Lectura
Esta semana comezamos as reunións do club de lectura. Este ano seguimos co proxecto de A volta ao mundo, polo que volveremos viaxar, grazas as lecturas escollidas, a distintos países e e coñecer outras culturas, así como algunha paisaxe fantástica. Viaxaremos a través de África, visitaremos a India, coñecermos a grerra en Irak e descubriremos ás mulleres pranta.
Aínda estades a tempo de anotarvos, así que agardámosvos!
























