Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN NO SAMAÍN...


Para celebrar tan impostante data, ademáis da Feira do Día das Bibliotecas tivemos sesión de contacontos. E foi unha nai dun alumno de Infantil a encargada de meterlles un pouco de medo aos máis pequenos e pequenas cunha historia muy particular dun fantasma moi especial.... 








Unha escolla de libros que mete medo...



Agora que se achegan uns días sen clase nos vos esquenzades de pasar pola biblioteca. "Mete medo" a escolla de libros que vos temos preparados.

Mirade o video... Que? Cal ides ler?

Esperámosvos na biblioteca!


Saúdos de Lectouriña!

Unha lectura para Halloween: 'Otra vuelta de tuerca', de Henry James


E tamén vos deixo unha lectura, unha das que podedes atopar na biblioteca á vosa disposición; é unha historia moi axeitada para pasalo "de medo" na noite de Halloween. Trátase de Otra vuelta de tuerca, do gran autor americano- nacionalizado inglés- Henry James.

A historia ten como protagonista a unha moza, unha institutriz ao coidado de dous nenos nun mansión victoriana. Aparicións, elementos sobrenaturais, mortes en estranas circunstancias... e unha tensión que vai en aumento páxina tras páxina e que che impide soltar o libro. 

Que me dis? Atréveste?

Saúdos de Lectouriña!

Unha adiviña? (2)


Fóstedes quen de dar coa resposta da primeira adiviña? Podedes lela de novo AQUÍ...  Que me dicides? Si? Xa a tendes? Pois veña, aí vai a segunda adiviña deste Halloween...


"Teño unha cabeza redonda, sin nariz nin fronte nin ollos, 
e o meu corpiño ten soamente uns dentes moi brancos." 

Non digades que non é sinxela esta tamén...


Saúdos de Lectouriña!

Xa está aquí, xa chegou...

Que si, que si!! Que o Halloween xa chegou á Biblioteca!! Que non me credes? Mirade, mirade....



Saúdos terroríficos de Lectouriña!!


Unha adiviña? (1)


Queredes xogar ás adiviñas? Pois a ver, a ver se adiviñades pola imaxe para que celebración estamos a decorar a Biblioteca...  A cousa está doada, non?

Halloween, claro!! Pero esa non era a adiviña; aquí vai, agora si, a primeira destas adiviñas. Recordade que as respostas sempre terán algunha relación con Halloween... 

Que cousa é que canto máis intensa se fai menos se ve?

A que xa a sabedes? Seguro que si. Pero se non dades con ela, nos vos preocupedes; na semana que ven sacaremos as respostas de todas as adiviñas propostas...  

Saúdos de Lectouriña!

Celebrando o Samaín na Biblioteca

Neste outono que xa vai rematando estivemos, como xa sabedes, a voltas coa biblioteca. E seguimos... E alá por novembro tocounos pasar algo de medo no Samaín, recordades?  Deixámosvos algunhas fotiños coa decoración e as suxestións para a ocasión. A ver se vos gustan...








Esperámosvos- lendo, por suposto-  na seguinte entrada...