Amosando publicacións coa etiqueta O pregón do xoves. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O pregón do xoves. Amosar todas as publicacións

O PREGÓN DO XOVES XA ESTÁ AQUÍ!



Onte, xoves, tocou de novo pregón na biblioteca. 

Ainara, de 2° ESO, e María, de 5°de Primaria, foron as encargadas de anunciar algunhas das actividades que nos esperan para o Día do Libro, de facer una par de recomendacións literarias, amosar o vídeo coa proposta do club de lectura de 1° ESO e regalar algunha lambonada... 

Moi ben feito!! Moitas grazas, mozas!! 






NON TE PERDAS O PREGÓN DO XOVES!


E hoxe no recreo volveu tocar...'O pregón do xoves'. De pregoeiros David (5°de Primaria) e Zaira (2° ESO), que tivo que sustituir, encantada, ao seu compañeiro José Antonio. E non é por presumir de voluntariado pero... que ben o fixeron! 

Faláronlle ás compañeiras e compañeiros das actividades que nos esperan neste mes- Rosalía, Entroido,... -, da apertura do anexo da biblioteca para xogos, fixeron a recomendación lectora deste mes 'A balada dos unicornios', de Ledicia Costas e puxeron o booktrailer deste libro que se fixo no club de lectura de 2° ESO. 

E xa temos quen quere ser pregoeiro para o mes que ven...