O 27 de marzo celébrase o Día do Teatro e, no noso cole, celebrámolo coa representación do conto ¡Arriba las patas! de Catharina Valckx. Os encargados de dramatizar este conto foron os alumnos e alumnas de 4º de primaria e o seu público foi alumnado de infantil e primaria. Aquí vos deixamos unha mostra desas representacións e esperamos que vos guste tanto como a nós!
Radio na Biblio. Víctor Erice
Xa temos novo programa de Radio do Cineclub Touro! Nesta ocasión trátase un programa adicado a Víctor Erice e no que analizan dúas das súas películas, "El espíritu de la colmena" e "El sur" e no que mesmo contan co propio Víctor Erice! Non volo perdades, merece moito a pena!
Día da Poesía 2021
Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía e no noso cole quixemos facer algo especial.
Con motivo do Día Internacional do Cancro, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria crearon un fermoso cadro feito con lazos cargados de bos desexos. A súa profe, Carla, levou despois ese cadro ao CHUS, á área de Oncoloxía Infantil, como agasallo para os nenos e nenas alí ingresados.
Radio na Biblio. El viajero
Xa temos novo programa de Radio! Nesta ocasión, o Cineclub Touro, formado polo alumnado de 6º de Primaria e o seu profesor Paco, fálanos da película "El viajero" de Abbas Kiarostami. Esta película dou pé a unha reflexión sobre os soños e as metas do máis interesante. Parabéns!
8M
Como explicamos na entrada anterior, con motivo do Día da Muller, propuxemos aos distintos grupos que investigasen sobre mulleres galegas intrépidas, mulleres que foron aventureiras, pioneiras no seu eido e viaxeiras polo mundo. Cada grupo realizou despois un traballo no que reflectiron todo o que descubriron nas súas investigacións e que agora vos mostramos. Esperamos que vos gusten!
O alumnado de 4º de Infantil investigou sobre Celia Rivas, 1ª galega camioneira e realizou un mural biodegradable!
Día da Muller
Está
preto o 8 de marzo, Día da Muller, e dende a biblioteca queremos proporvos a
seguinte actividade:
Galegas
Intrépidas!
Trátase
de investigar sobre un grupo de mulleres que foron aventureiras, viaxeiras polo
mundo, pioneiras no seu eido e realizar un mural ou unha infografía sobre elas. Despois de buscar fixemos a
seguinte escolla:
- Celia Rivas (1ª galega camioneira): 4º de Infantil.
- Isabel Zendal (enfermeira): 5º de Infantil.
- Exeria (escritora e viaxeira): 6º de Infantil.
- Sofía Casanova (1ª reporteira de guerra): 1º de Primaria.
- Chus Lago (1ª galega e 1ª española en alcanzar o
Everest sen osíxeno artificial): 2º de Primaria.
- Elisa Patiño (1ª aviadora): 3º de Primaria.
- Ángeles Alvariño (oceanógrafa): 4º de Primaria.
- Xulia Minguillón (1ª pintora en exposición internacional):
5º de Primaria.
- María Hilda Rodríguez (1ª medallista paralímpica): 6º de Primaria.
- Isabel Barreto (1ª almirante): 1º da ESO.
- Elena Fenández (xuiz internacional de regatas): 2º da ESO.
- Mercedes Mariño (actriz en escenarios internacionais): 3º
da ESO.
- Teresa Portela (palista olímpica): 4º da ESO.