Día das Bibliotecas 2020


Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas. Unha das actividades que se desenvolververán no día de hoxe é a entrega das mochilas viaxeiras. Debido á situación actual, non se poderá facer como en cursos anteriores, cos voluntarios e voluntarias entregando as mochilas na propia biblio. Sen embargo, os voluntarios e voluntarias non querían perder a oportunidade de facer entrega das mochilas, por iso, fixeron uns vídeos adicados aos distintos cursos e que así o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º recibisen, de xeito simbólico, as mochilas da súa man. Nós tamén esperamos que as disfruten!

Vídeo de 1º



Vídeo de 2º


Vídeo de 3º



Vídeo de 4º










 

É tempo de Samagosto!

 Velaí veñen o Samaín e o Magosto. Nestas dúas festas populares galegas empregamos as cabazas, as espigas e as castañas como base para achegármonos ao outono. Con elas lembramos tamén tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e de Biblioteca, do CPI Fonte Díaz temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas festas.


• Durante estas datas as distintas titorías poden participar no concurso de contos de medo.  Haberá varias categorías de premios. Categoría A: 3º e 4º de Primaria; Categoría B: 5º e 6º de Primaria. A data límite para ter entregados os contos será o venres 30  de outubro. O premios serán entregados posteriormente. Lembrade poñer o nome, apelidos e curso. Algunhas das historias aparecerán nas nosas contas de Facebook, (Biblioteca e  Movealingua )así, todos e todas ficaremos aterrados! Poderedes entregalos en papel aos titores e as titoras ou envialos ao correo electrónico da biblioteca, que é o seguinte: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com





• Concurso  “Cabazas terroríficas”, creación de figuras con cabazas, castañas e espigas para educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Haberá dúas categorías, unha para Infantil e outra para Primaria. Elixiremos dúas cabazas gañadoras por cada categoría (Infantil e Primaria). Podedes mandar as fotos ao noso correo electrónico, movealinguatouro@gmail.com. A data límite para mandar as fotos é o venres 30 de outubro. Algunhas das fotos aparecerán nas nosas redes sociais. 

• Concurso Un Outono Fotográfico para o alumnado da E.S.O., que poderán mandar as súas fotos da outonía ás nosas páxinas de Instagram: @bibliotecacpifontediaz e @movalinguatouro

Para que todos poidamos ver as vosas publicacións etiquetade as vosas publicacións con:

  • #movealinguatouro
  •  ou #bibliotecacpifontediaz

Haberá  premio para as dúas mellores fotos. Animádevos.



• O día 30 os alumnos/as que o desexen poderán vir caracterizados  ao colexio con disfraces relacionados co samaín.


O ENDL e o Equipo de Biblioteca do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar virtualmente para practicar o Samagosto, esa festa inventada  en Touro hai uns anos e que promete moito. Grazas de novo!


                                                                                     ENDL e o EB do CPI Fonte-Díaz


Día das Escritoras

 O día 19 de outubro celebrouse o Día das Escritoras e na nosa biblio decidimos darlle visibilidade a través de unha exposición. Nela recollimos unha selección de libros de algunhas das autoras coas que contamos no noso fondo e  que estará á disposición do alumnado ao longo de toda esta semana. Esperamos que lles guste!