Bo verán!! Felices lecturas!!

E xa nos imos despedindo; voltaremos en setembro. Ata entón, o Equipo da Biblioteca desexámosvos... moi feliz verán!! e... felices lecturas!! E recordade que...



Premios, máis premios, agasallos varios... e un ata logo


O último día da biblioteca estivo cheo de agasallos: a entrega dos boletíns literarios con suxestións para o verán, dos diplomas a voluntarios e voluntarias da biblio e ao club de lectura, dos diplomas da ONG 'Save the children', das bolsas de regalos e diplomas ás e aos mellores lectour@s de cada curso (Noraboa! A continuar lendo!)... E ademais estivemos vendo o vídeo de agradecemento da ONG e o do resumo deste curso na biblioteca, que podedes ver no post anterior, un vídeo de Pepa Pig cos máis pequeños.... Así fomos pouco a puco despedíndonos de Lectouriña... pero só ata setembro.



 
















Viaxando pola biblio a 100... imaxes




Agora que se acaba... acompáñasnos nesta pequena viaxe polo vivido na biblio durante este curso?


'Romeo and Juliet' revisited


Aquí tedes unhas fotiños de Romeo and Juliet, a obra de teatro baseada no drama de William Shakespeare (pero con toque cómico) que representou o alumnado de 4º ESO na última semana de curso e que estiveran preparando na clase de inglés. Houbo dúas sesións, unha para Primaria e outra para Secundaria. Todo un éxito,

Moi boa actuación, mozas e mozos!! Noraboa!! Parabéns!! E moitas grazas a Sergio, por suposto, polas fotos.