Hoxe foi a "estrea mundial" no Centro de Metamorfose, o curto baseado no micro de Xián Barreiro Codesido gañador do certame do programa "Suprime o control" organizado pola Deputación de A Coruña. Noraboa a Xián, a Rocío, a Sergio e a todo o grupo de ·3º ESO. Un moi bo traballo!
Aquí tedes as imaxes da xornada co público- o alumnado 5º e 6º de Primaria e o de Secundaria, e os protagonistas- no acto de hoxe. Un acto no que, non debemos esquecer, ademáis de dar os parabéns pola magnífica labor, lembrouse o obxectivo final do certame de micros e deste curto: a concienciación e a loita contra a violencia de xénero. Entre todas e todos conseguirémolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario