Pouco a pouco imos chegando ao fin de un curso diferente. Tamén no club de lectura Lectour@s rematasmos as nosas sesións. Foron moitas sesión, libros que nos emocionaron, que nos fixeron rir, pero tamén chorar, que nos fixeron viaxar, que nos animaron a charlas moi interesantes... Aquí vos deixamos as fotos das últimas sesións e de como quedou o noso mapa logo de viaxar ao Xapón, á India, á Illa do Principe Eduardo, a Irak e de facer a viaxe de Mali a Tenerife na compaña de Suleimán. Foi, sen dúbida, unha travesía moi interesante, xa estamos preparando a nosa seguinte viaxe, verémonos para o curso que bén!
Cineclub Touro
Este curso, o alumnado de 6º de Priamaria seguiu traballando, co profe Paco, sobre cine. Fixérono repasando películas de procedentes de distintos países, como Alemaña, a Unión Sobiética, Irán, Estados Unidos, México ou Perú. Debían, ademais de ver a película, investigar sobre o ano e o país de produción, o director ou a banda sonora. Tamén fixeron valoracións das mesmas e invetaron finais alternativos. Algunha desas películas foi protagonista dos programas de radio que xa temos subido con anterioridade, pero ademais foron facendo un fermoso collage con todas as portadas das mesmas.
Recomendacións lectoras verán 2021
Pouco a pouco imos achegándonos ao final de curso. Por iso queremos compartir xa con vós as recomendacións lectoras para este verán e teñades así tempo de pasarvos pola biblio e facervos coas lecturas para ese tempo de lecer. Como vos di Lectouriñ@: Bo verán e felices lecturas!
Templos do mundo
Seguimos compartindo os proxectos que, sobre a Volta ao mundo, foron levándose a cabo nas distintas clases. Esta vez traémosvos os traballos dos alumnos e alumnas de Relixión e Moral Católica de 6º de Primaria. Neste 3º trimestre estiveron a traballar sobre as distintas relixións do mundo e remataron con unha investigación sobre distintos templos do mundo. Debían buscar información sobre templos de distintas crenzas, indicar a que relixión pertencían, o lugar no que se atopaban, data de construción e un pouco da historia do mesmo. Traballaron templos como a Kaaba, a Mesquita azul, a Mesquita de Roca, a basílica de San Pedro, Angkor Wat, Biet Ghiorgis, a Gran Mesquita de Xi'an, a gran sinagoga de Moscú... Seguidamente debían expoñer ante os seus compañeiros e compañerias os resultados das súas investigacións.
Le Tour du Monde 2
Tiñan previsto traballar sobre o caderno de viaxe “carnet de voyage” no 3º trimestre e sobre os medios de transporte e así o fixeron, pero incluíndo outros temas a elección do propio alumnado. A temática sempre “ A volta ao mundo” “Le tour du monde”. Traballamos as Tics e fixeron uns traballos e unhas exposicións utilizando Genially, Canva, Power Point, Kahoot, etc.
Outra actividade que funcionou moi ben, e que ten moito
que ver coa temática deste curso foi a
correspondencia entre alumnos galegos e franceses tanto epistolar como a través
doutros medios. É unha experiencia moi enriquecedora e motivadora. Este ano
desgraciadamente non puidemos levala a cabo. Continuaron mantendo
correspondencia a través das redes sociais alumnos e alumnas que xa tiñan
contacto previo con rapaces franceses pero debido ao confinamento das escolas e
institutos en Francia este curso escolar non foi posible continuar coa
actividade dende o centro. Retomarán o intercambio epistolar o próximo curso
2021-22
Vídeo resumo
Aquí deixamos o vídeo resumo deste segundo ano da nosa "Volta ao mundo". Seguiremos traballando e, xa sabedes, vémonos na biblio!
As familias cóntannos
Este curso puidemos retomar unha actividade que quedou pendente do curso pasado, as visitas das familias falándonos das súas experiencias viaxando, vivindo e/ou traballando en outros países. Así, as familias faláronnos de lugares como Venezuela, Portugal, Nova York, Londres, Israel, Brasil...
Así, en 4º de Infantil, visitounos Vanessa, a mamá de Iris, quen nos contou as súas viaxes a Cabárceno, Valencia e Portugal e fixo un marabilloso Lap Book para interactuar co alumnado, quedando todos encantados.
A volta ao mundo en imaxes
Con motivo do Mes das letras, propuxemos dar a volta ao mundo a través de fotos das viaxes de todos os membros da comunidade educativa. Pois por fin podemos mostrarvos o resultado! Foron tantas as fotos que nos fixeron chegar (polo cal estamos moi agradecidas!) que, a idea orixinal de facer un mural pronto foi descartada. Así pois decidimos facer un collage con todas elas e este é o resultado:
Curiosidades do mundo
O alumnado de 3º de Primaria, dentro do proxecto de centro de "A volta ao mundo", estivo a traballar sobre "Curiosidades do mundo". Foron traballando distintos aspectos como o lugar máis alto do mundo, o máis caluroso, o edificio máis alto... Buscaron a súa ubicación, situárono no mapa e ilustrárono con imaxes e curiosidades.
Axencia de viaxes
Seguimos a mostrarvos as actividades que se foron desenvolvendo nas distintas aulas dentro do proxecto "A volta ao mundo". Neste caso traémosvos o proxecto de 4º de Primaria: Axencia de viaxes.
As alumnas e alumnos de 4º fixéronnos unha oferta tentadora, dar a volta ao mundo con todo preparado. E é que este alumnado creou, por grupos, unha axencia de viaxes dentro de diferentes países: Nepal, Mongolia, Sudáfrica, Finlandia, Canadá... Na súa oferta de lanzamento inclúen, para cada país: billetes, hotel, visitas a monumentos, gastronomía, consellos sobre a vestimenta e unha gran sorpresa... a posibilidade de coñecer en persoa a unha autora dese país premio Nobel de Literatura, non quededes sen a vosa viaxe, que voan!
Roteiro Literario Valle-Inclán
O martes, 1 de xuño, os membros do Club de Lectura Lectour@s seguimos os pasos de Valle-Inclán polas rúas de Compostela. Esta ruta literaria levounos dende a Alameda ata o Mirador de Belvís, pasando polo Obradoiro, A Quintana, Cervantes, O Preguntoiro ou a rúa Nova, entre outras rúas e prazas da cidade, nas que fixemos paradas, en lugares sinalados, para ler fragmentos de obras do autor relacionadas en ditos lugares.
Ademais diso, grazas a Maica, gozamos dunha visita guiada pola Praza de Abastos que rematou con unha sorpresa que Maica tiña preparada para nós: a visita de Brígida, de Xearte Brigitte, e unha degustación dos seus xeados. Fixeron da visita unha gran experiencia inesquecible grazas ás súas explicacións. Como di Anne, a protagonista do libro que o grupo 2 do club limos neste terceiro trimestre "Anne, a de Tellas Verdes" de L. M. Montgomery: "E comemos xeado. Non teño palabras para describir ese xeado. Marilla, asegúroche que foi sublime".