Axencia de viaxes

   Seguimos a mostrarvos as actividades que se foron desenvolvendo nas distintas aulas dentro do proxecto "A volta ao mundo". Neste caso traémosvos o proxecto de 4º de Primaria: Axencia de viaxes.

 As alumnas e alumnos de 4º fixéronnos unha oferta tentadora, dar a volta ao mundo con todo preparado. E é que este alumnado  creou, por grupos, unha axencia de viaxes dentro de diferentes países: Nepal, Mongolia, Sudáfrica, Finlandia, Canadá... Na súa oferta de lanzamento inclúen, para cada país: billetes, hotel, visitas a monumentos, gastronomía, consellos sobre a vestimenta e unha gran sorpresa... a posibilidade de coñecer en persoa a unha autora dese país premio Nobel de Literatura, non quededes sen a vosa viaxe, que voan!







 Este alumnado tamén levou a cabo o seu propio club de lectura na aula, así como recomendacións lectoras aos seus compañeiros e compañeiras!







Ningún comentario:

Publicar un comentario