Lecturas para o verán

  Os próximos 27, 28 e 29 de xuño a nosa biblio abrirá as súas portas ás familias. Convidámosvos a achegarvos á biblio a elixir as lecturas para o verán. Aquí vos deixamos os horarios, as recomendacións lectoras para o verán e as últimas novidades chegadas á biblio para que vos axuden coa vosa elección, así que xa sabedes, vémonos na biblio!









Despedida do curso

  Remataron as clases e, con elas, rematou o noso proxecto "Un ano de cine". Para despedirnos recuperamos unha tradición que tivera que ser cancelada por mor do coronavirus: a despedida na biblioteca. Así, o último día de clase, os distintos grupos foron achegándose, por quendas, á biblioteca. Fixemos entrega das recomendacións lectoras para o verán, fixemos o sorteo do concurso "Que libro é?" (parabéns aos ganadores e ganadoras!), vimos o vídeo resumo do curso, limos un conto e fixemos entrega ao alumnado voluntario dos diplomas e dun pequeno agasallo. Foi unha xornada emotiva, pero como lles recordamos aos rapaces e rapazas, aínda non é a despedida definitiva, posto que abriremos a semana próxima para que elixan as súas lecturas para o verán.




























Vídeo resumo 2021/2022

 Chegamos ao final do curso e queremos comartir o vídeo que fixemos co resumo de todas as actividades que levamos a cabo ao longo do curso. Esperamos que vos guste!



"Ti come froita"

  Ao longo deste curso tamén se participou no Plan Proxecta froita na escola. Os profes de música e de 6º de primaria compuxeron unha canción adicada á mesma, "Ti come froita", que foron ensaïando ao longo do ano con todo o alumnado para cantala todos xuntos no patio. Este é o resultado, así que parabéns a todos os que participaron na creación da mesma!








Club de lectura: Mujercitas

  Conforme nos imos achegando ao final deste noso "Ano de cine" tamén imos pechando os proxectos que se foron poñendo en marcha. Un deles é o Club de Lectura Lectour@s. Neste terceiro trimestre estivemos lendo "Mujercitas". Achegámonos a esta obra falando un pouco da súa autora, do éxito que supuxo este libro, cunha pequena exposición con diferentes edicións do mesmo, e das distintas versións cinematográficas que tivo:


 Máis tarde visualizamos algúns capítulos da serie de anime creada nos anos 80 baseándose no libro:



 Rematamos as sesións dunha forma especial, como xa fixemos tradición neste curso cos libros anteriores, de xeito doce: degustamos unha tarta Red Velvet a petición do noso alumnado. Foi unha inmellorable forma de rematar o club por este curso. Agardámosvos o próximo curso!







Un ano de cine en 1º de Primaria

 O grupo de 1º de Educación Primaria, dentro do proxecto do centro de “Un ano de cine”, realizou o visionado de diversas películas ao longo do curso escolar.

Unha delas foi a película “Del revés”, na que se ven reflectidas as distintas emocións que podemos ter os seres humanos. Ademais da reflexión e debate que levaron a cabo dentro da aula tamén fixeron a súa Porta de Cine para o concurso organizado no centro en referencia a ela. Tomaron a personaxe principal da Alegría para crear unha árbore dos desexos onde foron poñendo as súas bólas de Nadal con mensaxes positivas que nos leven a ter unha vida feliz chea de alegría.

Outra película vista na aula foi “Hotel Transilvania”, e aproveitaron a celebración do Entroido para escoller as súas personaxes e disfrazarnos delas.



Un ano de cine en Cultura clásica

 Con motivo do Ano de Cine, a Materia de Cultura clásica empregaron os seguintes filmes para impartir  a materia:

 Ágora de  Alejandro Amenábar

Troia de Wolfgang Petersen

Espartaco de Stanley Kubrick

 Alén dos documetais:

Serie A batalla dos deuses do Canal Historia e a Mitología Griega de RTVE

 Co emprego do devandito material pretenderon contextualizar o mundo grego e romano, alén de explicar o mundo mitolóxico dun xeito entretido.

 O filme Ágora serviu para por en valor a tolerancia, os perigos do fanatismo así como o papel da muller na ciencia. Tamén axudou a reflexionar sobre a decadencia desaparición do Imperio Romano.

O filme Troia serviu para resumir de maneira entretida e con bastante fidelidade a Ilíada de Homero e os mitos que se desenvolve ao redor da Conquista de Troia, tamén explicada en Literatura Galega de 3º da ESO.

 O filme Espartaco, axuda reflexionar sobre as diferencias sociais e de xénero durante o I Romano, así como sobre a escravitude e o lecer desta época histórica.

O emprego do filme resultou unha experiencia didáctica claramente motivadora e pedagóxica na aula durante este ano de cine.

 

Un ano de cine en 4º de Primaria

  O alumnado de 4º de Primaria tamén estivo traballando ao longo de todo o curso sobre o proxecto do cine. Comezaron estudando sobre a parte técnica das películas, todo o proceso previo ata que unha película chega aos cines, así como os premios recibidos unha vez entreadas, si era o caso. A continuación, e ao longo de todo o curso, foron vendo distintas películas para pasar a buscar información sobre a que máis lles gustaron para ir cubrindo as súa propia ficha técnica. Parabéns por todo ese traballo!