As nosas pelis favoritas, 6º de Educación Infantil

  O alumnado de 6º de infantil desenvolveu, ao longo de todo o curso, a actividade "As nosas pelis favoritas".  Os nenos e nenas fóronse turnando para traer a súa peli favorita ao cole; o día do visionado da mesma todos "compraban" as súas entradas e palomitas no posto de venda, gozaban da película todos xuntos e despois realizaban unha ficha técnica da mesma. Pouco a pouco foron completando un mural coa portada das xa visionadas que decoraba a aula. Así mesmo servíronse de diferentes personaxes cinematográficos para nomear os grupos de clase e o cine terá un papel protagonista na cerimonia de graducación do final da etapa para estes nenos e nenas. Parabéns por todo o traballo levado a cabo!









Ningún comentario:

Publicar un comentario