Despedida do curso

  Remataron as clases e, con elas, rematou o noso proxecto "Un ano de cine". Para despedirnos recuperamos unha tradición que tivera que ser cancelada por mor do coronavirus: a despedida na biblioteca. Así, o último día de clase, os distintos grupos foron achegándose, por quendas, á biblioteca. Fixemos entrega das recomendacións lectoras para o verán, fixemos o sorteo do concurso "Que libro é?" (parabéns aos ganadores e ganadoras!), vimos o vídeo resumo do curso, limos un conto e fixemos entrega ao alumnado voluntario dos diplomas e dun pequeno agasallo. Foi unha xornada emotiva, pero como lles recordamos aos rapaces e rapazas, aínda non é a despedida definitiva, posto que abriremos a semana próxima para que elixan as súas lecturas para o verán.




























Ningún comentario:

Publicar un comentario