Queremos despedir este curso, no que a música foi a protagonista, con unhas recomendacións lectoras para este verán. Agardamos que teñades unhas moi boas vacacións, unhs felices lecturas e vémonos en setembro!
Recomendacións lectoras
Achegámonos ao final do primeiro trimestre e queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras para estas vacacións. Agardamos que vos gusten e lembrámosvos que todos os libros aí recomendados están á vosa disposición na biblio. Xa sabedes onde estamos, agardámosvos!
Recomendacións lectoras
Pouco a pouco ímonos achegando ao final deste curso no que o noso PDI de centro foi A historia. Para despedirnos ata setembro queremos deixarvos unhas recomendacións de lecturas para o verán. Hai un pouco de todo e agardamos que vos axuden a elixir que ler nos vindeiros meses. Moi bo verán e felices lecturas!
Recomendacións lectoras
Hoxe queremos compartir as nosas recomendacións lectoras de cara ás próximas vacacións. Esperamos que vos gusten!
Despedida da biblio
O último día de curso aproveitamos para facer a despedida do curso na biblioteca. Todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria pasaron pola biblioteca para despedirnos do proxecto que nos acompañou ao longo de todo o curso, o bosque. Fixémolo vendo o vídeo no que resumimos todas as actividades levadas a cabo ao longo do curso, que pronto subiremos aquí, e repartindo as recomendacións lectoras para o verán. Así mesmo, comentamos que os días 26 e 27 de xuño a biblioteca estaría aberta para que puidesen levar lecturas para o verán. Pouco a pouco imos achegándonos ao final deste curso e pronto desevarevos un bo verán!
Recomendacións lectoras verán 2024
Pouco a pouco ímonos achegando ao final deste curso adicado ao bosque. Como vén sendo tradición, compartimos as recomendacións lectoras para este verán e recordamos que a biblioteca abrirá dous días, unha vez rematadas as clases, para que poidades achegarvos a coller libros emprestados para as vacacións. Moi pronto informaremos das datas e dos horarios, pero mentres tanto, aquí vos deixamos as nosas suxerencias, por si vos sirven de axuda.
Recomendacións lectoras Nadal 2023.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para as vacacións de Nadal, algunhas foron suxerencias de lecturas para levar emprestadas para as vacacións e outras foron as recomendacións xa tradicionais de fin de trimestre. Esperamos que vos gusten!
Despedida da biblio
O mércores, 22 de xuño, remataron as clases e foi o día elixido para despedirnos na biblioteca por este curso, unha despedida provisional, pois como lle dixemos ao alumnado, a biblio estará aberta uns días máis para que poidan elixir libros para o verán. Así pois, ademais de falarlles deses días de apertura e comentar as novidades que foron chegando, repartimos as recomendacións lectoras, para que fosen collendo ideas de lecturas para o verán.
Recomendacións lectoras verán 2023
Pouco a pouco ímonos achegando ao final do curso. A partir desta semana xa só se poderán ir devolvendo todos os libros emprestados. Como en cursos anteriores, a biblioteca abrirá uns días, unha vez rematado o curso, para que as familias poidades vir escoller lecturas para o verán. Para que vaides collendo ideas aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras coas últimas incorporacións á biblioteca. Pronto vos avisaremos dos días e horarios para que vos pasedes pola biblioteca!
Recomendacións lectoras
Deixámosvos por aquí as recomedacións lectoras que o noso alumnado levou para casa antes das vacacións de Nadal. Esperamos que vos gusten!
Lecturas para o verán
Os próximos 27, 28 e 29 de xuño a nosa biblio abrirá as súas portas ás familias. Convidámosvos a achegarvos á biblio a elixir as lecturas para o verán. Aquí vos deixamos os horarios, as recomendacións lectoras para o verán e as últimas novidades chegadas á biblio para que vos axuden coa vosa elección, así que xa sabedes, vémonos na biblio!
Recomendacións lectoras: Verán 2022
Pouco a pouco ímonos achegando ao final do curso. A partir desta semana xa non se realizan empréstitos, pero como queremos que vos fagades con lecturas para o verán, abriremos a biblioteca os días 27, 28 e 29 de xuño, en horario de mañá, para que poidades achegarvos e levar libros emprestados para as vacacións. Para darvos algunhas ideas deixámosvos unhas recomendacións lectoras, que tamén vos daremos en papel o último día de clase. Bo verán e felices lecturas!
Recomendacións lectoras
Como xa vai sendo tradición, con motivo das vacacións de Nadal publicamos as nosas recomendacións lectoras para estas datas. Esperamos que vos sexan de utilidade!
Recomendacións lectoras verán 2021
Pouco a pouco imos achegándonos ao final de curso. Por iso queremos compartir xa con vós as recomendacións lectoras para este verán e teñades así tempo de pasarvos pola biblio e facervos coas lecturas para ese tempo de lecer. Como vos di Lectouriñ@: Bo verán e felices lecturas!
Recomendacións Lectoras Nadal
Como xa vén sendo tradición queremos compartir con todos vós as nosas Recomendacións Lectoras para este Nadal. Esperamos que as desfrutedes!
















































