Despedida da biblio

 O mércores, 22 de xuño, remataron as clases e foi o día elixido para despedirnos na biblioteca por este curso, unha despedida provisional, pois como lle dixemos ao alumnado, a biblio estará aberta uns días máis para que poidan elixir libros para o verán. Así pois, ademais de falarlles deses días de apertura e comentar as novidades que foron chegando, repartimos as recomendacións lectoras, para que fosen collendo ideas de lecturas para o verán.








 Non nos podiamos esquecer dos nosos voluntarios e voluntarias. Este foi o día escollido para facer entrega dos diplomas de voluntariado, así como dun pequeno agasallo para cada un. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dese momento tan emotivo.










 E despedímonos visualizando o vídeo resumo do curso, que moi pronto subiremos. Con todo isto desexámoslle ao noso alumnado un moi bo verán!




Ningún comentario:

Publicar un comentario