O ano do mar en 1º de Primaria

 Traémosvos hoxe as actividades levadas a cabo en 1º de Primaria relacionadas co proxecto do mar ao longo deste curso. O tema do mar estivo presente en todas as materias que a titora impartiu neste curso e que abordaron baixo o lema "No mar non todo é peixe" e no que se mergullaron todos os contidos do curso.
  • Aprenderon a ler e a escribir con textos relacionados co mundo mariño: letras, sílabas, palabras, frases, textos, debuxos...
  • Leron varios libros sobre esta temática, escoitaron contos e cancións, fixeron xogos de adiviñas, rimas, debuxos creativos, encrucillados...
  • En matemáticas o mundo mariño estivo presente na numeración, series, problemas, simetrías, gráficas de barras, figuras xeométricas...
  • As materias de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais foron abordadas comparando a vida no mar e a vida nas zonas que non o teñen: profesións, aldeas, vilas e cidades con mar, elementos das paisaxes costeiras, materiais naturais que atopamos no mar, alimentos que nos proporciona, conservación e contaminación do medio mariño...
  • Na aula fixeron unha exposición con cunchas e pedras do mar. Tiveron tamén retos de materiais que recolleron na praia e que foran tirados polos homes e as mulleres que lles serviron para tomar conciencia do que lles pasa aos animais que alí viven e que repercute na nosa vida.
  • Participaron en todas as actividades propostas dnde o Equipo da Biblioteca.
  • Para rematar o curso, o alumnado do centro, acompañado do profesorado, visitará as Illas Cíes e gozará do mar o vindeiro 20 de xuño, dando por finalizado este "Ano do mar" no noso centro.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario