Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2023/2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura 2023/2024. Amosar todas as publicacións

Saída do club de lectura

 O pasado 23 de maio o alumnado do club de lectura participou na saída de fin de curso do club. Este ano as lecturas escollidas estiveron, dun xeito ou doutro, relacionadas co PDI de centro, O bosque. Unha das lecturas realizadas foi O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett. Nesta obra uns nenos descobren un xardín agochado tras uns muros nun estdo de abandono. Pouco a pouco eses nenos, ao comezo só a pequena Mary e co tempo Dickon e Colin irán devolvéndolle a vida e iso suporá un cambio tamén para elesl. Inspirados en esta lectura decidimos visitar os xardíns do Pazo de Santa Cruz, moi fermosos e que nos axudaron a imaxinar como podía ser ese xardín.

 Pola tarde recorrimos o Bosque de Galicia da Cidade da Cultura antes de volver para o cole. Unha bonita maneira de por fin ás sesións do Club de lectura deste curso.






















Club de lectura. Comezamos!

  Comezamos as reunións do club de lectura. Despois de colocar os carteis anunciando o comezo do curso e de pasar polas aulas falando do mesmo, este curso contamos con dous grupos do noso club de lectura Lectour@s. Na primeira reunión de cada grupo repartimos as lecturas para este trimestre, relacionadas co PDI de centro "O bosque". Así, o grupo de 3º lerá "El paso del oso" e o de 1º/2º "Leñadoras". Esperamos que gocen coas obras elixidas.

 Segue aberto o prazo para anotarse, se estás interesado/a pásate pola biblio, agardámoste!