Saída do club de lectura

 O pasado 23 de maio o alumnado do club de lectura participou na saída de fin de curso do club. Este ano as lecturas escollidas estiveron, dun xeito ou doutro, relacionadas co PDI de centro, O bosque. Unha das lecturas realizadas foi O xardín secreto, de Frances Hodgson Burnett. Nesta obra uns nenos descobren un xardín agochado tras uns muros nun estdo de abandono. Pouco a pouco eses nenos, ao comezo só a pequena Mary e co tempo Dickon e Colin irán devolvéndolle a vida e iso suporá un cambio tamén para elesl. Inspirados en esta lectura decidimos visitar os xardíns do Pazo de Santa Cruz, moi fermosos e que nos axudaron a imaxinar como podía ser ese xardín.

 Pola tarde recorrimos o Bosque de Galicia da Cidade da Cultura antes de volver para o cole. Unha bonita maneira de por fin ás sesións do Club de lectura deste curso.






















Ningún comentario:

Publicar un comentario