Maleta naturalista

 Neste "Mes das letras" estivo circulando polas aulas a "Maleta naturalista" cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental). Este ano, no que o noso PDI foi "O bosque", parecéronnos moi axeitadas as lecturas propostas na maleta (xa son varios os cursos nos que puidemos gozar das maletas viaxeiras do CEIDA, sempre tan intersantes) nas que, sobre todo, as guías de campo tiveron moito éxito entre o alumnado. Moitas grazas ao CEIDA por unha nova oportunidade de coñecer os seus materiais.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario