Ao longo deste curso, dende o departamento de Lingua Castelá e Literatura, estiveron a traballar o bosque a través de varias actividades.
Selección de lecturas relacionadas coa temática, de maneira xeral ou en aspectos concretos. Entre elas:
Cuentos y leyendas de los árboles, (Ana Alonso).
Donde los árboles cantan, (Laura Gallego).
Anaconda y otros cuentos
de la selva, (Horacio Quiroga).
Mowgli, (Rudyard Kipling).
Mi planta
de naranja lima, (José Mauro de Vasconcelos)
O alumnado realizou traballos de investigación e posterior elaboración de presentacións, expostas en pequeno grupo, ao resto da
clase.
En 1º e 2º
ESO, por orde alfabética e partindo de guión previo, escolléronse plantas e
animais e creáronse exposicións sobre árbores e flora (1º trimestre) e sobre
fauna (2º trimestre) autóctona ou propia doutros países.
En 1º ESO, no 3º trimestre, rematouse o proxecto
inicial de “ditados
creativos”. Nunha sesión semanal, cada alumno e alumna foi
ampliando a historia inicial ambientada nun bosque. Finalidade: practicar a
ortografía, o texto narrativo e fomentar a creatividade.
En 2º ESO,
escolleron mitos ou personaxes literarios relacionados con bosques e amosáronllos
ao resto da clase a través de exposicións centradas en diferentes aspectos:
corrente e obra literaria á que pertencen, breve biografía do autor ou autora,
descrición do personaxe e importancia no argumento da obra.
En 3º ESO,
o alumnado creou textos narrativos a partir das lecturas realizadas durante o
curso. El conde Lucanor (1º trimestre) e
El Lazarillo de Tormes (2º trimestre). As dúas tiveron continuacións
diferentes e todas elas ambientadas en bosques. Un novo “exemplo”, no caso da primeira lectura, e un final diferente para a vida
de Lázaro, na segunda obra.
No 3º trimestre, este alumnado elaborou traballos de
investigación e realizou presentacións sobre ríos de Galicia (dentro do
Proxecta). Deste xeito, trataron aspectos relacionados coa paisaxe (bosques,
fragas) e coa fauna e flora galegas.
En 4º ESO,
a lectura das Leyendas, de G. A.
Bécquer, permitiu a elaboración de textos narrativos no 1º trimestre. Partindo
das características propias do Romanticismo, crearon lendas ambientadas en
bosques. Algunhas delas participaron no concurso proposto pola biblioteca do
centro co gallo da celebración do Samaín.
Nos
trimestres restantes, o alumnado realizou traballos de investigación sobre a
Materia de Bretaña (ciclo artúrico) e a lenda de Robin Hood, temáticas moi
relacionadas con bosques e elementos da natureza. No caso da segunda, o bosque
de Sherwood.
Por último, en todos os cursos leváronse a cabo
lecturas de fragmentos narrativos, descritivos e expositivos nos que se prestou
especial atención aos bosques e a elementos da natureza asociados a eles;
ademais, en 3º e 4º ESO, elaboráronse textos argumentativos que incidiron na
importancia de preservar os bosques, a natureza e a biodiversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario