Amosando publicacións coa etiqueta Roteiro literario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Roteiro literario. Amosar todas as publicacións

Saída do club de lectura

 O pasado luns, 1 de xuño, o alumnado do club de lectura realizou un roteiro pola cidade de Santiago. Despois de ler "O segredo de Joseph Haydn", de Suso de Toro, decimos tentar seguir os pasos do mestre polas rúas de Compostela. Así, visitamos os tellados da catedral para admirar máis de preto a torre da Berenguela que tanto lles chamou a atención a Salomón e a Haydn, visitamos o Pórtico da Gloria, que eles tamén admiraron, e paseamos polas rúas da contorna da catedral percorrendo algún dos lugares mencionados no libro, como a Paza da Quintana. Sen dúbida, unha fermosa xornada e un xeito diferente de despedir o club por este curso, vémonos no curso que vén, Lectour@s!








Roteiro literario

 O pasado 7 de maio, o alumnado do club de lectura realizou o roteiro literario O enigma de Santiago. Distintos personaxes da historia fóronos guiando polos diferentes escenarios da obra, seguindo ese túnel misterioso que aparece no libro, e descubrindo aspectos descoñecidos da cidade de Santiago. Moitas grazas a Serafín que fixo de guía tan marabillosamente!


















Roteiro literario

 O pasado xoves, 18 de maio, o alumnado do club de lectura gozou dun roteiro literario polas rúas de Vigo. Despois da lectura de "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas, decidimos seguir as pegadas deste autor pola cidade de Vigo. Así, acompañados do noso guía, nada máis e nada menos que o capitán Nemo, percorrimos as rúas da zona antiga da cidade, saíndo dende O Castro, ata rematar na escultura que homenaxea a Xulio Verne xa na zona do porto. Rematamos a nosa visita na praia de Samil, ollando cara as Illas Cíes que teñen un papel moi importante en "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta".

Foi unha xornada que nos permitiu coñecer Vigo como nunca antes, descubrir máis sobre a cidade e as vistias do xenial autor á mesma, pero sobre todo, gozar dunha xornada diferente cos compañeiros e compañeiras. Un día para recordar, seguro!