Este é o video do poema de Rosalía 'Miña casiña, meu lar'. Moitas grazas a todas as familias que vos animástedes a participar e vos sumástedes a esta homenaxe feita con todo o respecto e agarimo á nosa poeta por excelencia. Grazas.
O mural de Rosalía que está pendurado cerquiña da biblioteca. Está feito coas cariñas de todo o alumnado do colexio... e con moito cariño.
As pequenas e pequenos de Infantil viñeron á biblioteca a ver o vídeo-homenaxe feito polas familias- fíxolles ilusión verse-, un divertido vídeo dos Bolechas 'Rosalía e os Bolechas', e a cantar. En definitiva, a recordar a Rosalía...
Menú 'rosaliano' no comedor, como ten que ser: o 'caldo de groria' do poema-estrela no cole este mes e un doce homenaxe...
1º de Primaria recordando a Rosalía de Castro...
MALETAS VIAXEIRAS DA POESÍA
INFANTIL E PRIMARIA
-Infantil-
Lecturas, diversión, recitado e manualidades con algunha das historias. As maletas viaxeiras dan para moito...