As alumnas e alumnos 3º e 4º de Primaria estiveron a desenvolver un estupendo Proxecto
para favorecer o desenvolvemento do uso de TICS, o crecemento persoal en
diversos campos, comprensión, observación, obtención precisa da información, elaboración
de resumos, cooperación cos compañeirxs, enriquecemento da nosa cultura,...
A
actividade fundamental foi investigar sobre mulleres galegas pioneiras en algún
campo (científicas, xornalistas, deportistas, inventoras...), elixir unha e
cumplimentar unha ficha-resumo sobre a súa vida e en que destacou esa muller. Ao
final fíxose unha recompilación de todas as pioneiras nun libro de título: ‘Mulleres pioneiras galegas’. Cada
alumnx explicou aos compañeiros e compañiras a súa muller pioneira e porque a
elixiu.
Esta idea foi concibida co fin de acabar facer un calendario onde en cada mes apareza cada unha das mulleres traballadas. E xa está listo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario