Amosando publicacións coa etiqueta Novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novas. Amosar todas as publicacións

O PREGÓN DO XOVES XA ESTÁ AQUÍ!



Onte, xoves, tocou de novo pregón na biblioteca. 

Ainara, de 2° ESO, e María, de 5°de Primaria, foron as encargadas de anunciar algunhas das actividades que nos esperan para o Día do Libro, de facer una par de recomendacións literarias, amosar o vídeo coa proposta do club de lectura de 1° ESO e regalar algunha lambonada... 

Moi ben feito!! Moitas grazas, mozas!! 






XA ESTÁ ABERTO O ANEXO PARA XOGOS

La imagen puede contener: 7 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior

Este pasado mércores foi, como xa anunciaran xs voluntarixs no 'Pregón do xoves', a inauguración do anexo para xogos. Non estivo cheo- estaba moi bo día para xogar no patio- pero si que viñeron algúns e algunhas a pasar un bo rato. E, por suposto, estivo o alumnado voluntario colaborando na apertura e axudando na de decoración...



NON TE PERDAS O PREGÓN DO XOVES!


E hoxe no recreo volveu tocar...'O pregón do xoves'. De pregoeiros David (5°de Primaria) e Zaira (2° ESO), que tivo que sustituir, encantada, ao seu compañeiro José Antonio. E non é por presumir de voluntariado pero... que ben o fixeron! 

Faláronlle ás compañeiras e compañeiros das actividades que nos esperan neste mes- Rosalía, Entroido,... -, da apertura do anexo da biblioteca para xogos, fixeron a recomendación lectora deste mes 'A balada dos unicornios', de Ledicia Costas e puxeron o booktrailer deste libro que se fixo no club de lectura de 2° ESO. 

E xa temos quen quere ser pregoeiro para o mes que ven... 









CONCERTO, EXPO, PELÍCULA... UNHA CHEA DE COUSAS!


Onte o alumnado de 6° de Infantil e de 1°/2°/3°e 4° de Primaria foron ao cine e hoxe as mozas e mozos de 5°e 6°de Primaria asistiron a unha exposición e a un concierto didáctico no CGAC e visitaron a mostra 'Castelao Maxistral' na Cidade da Cultura. E polos seus sorrisos parece que o pasaron moi moi ben... 



































NA TELE E PRESUMINDO DE BIBLIOTECA!!

La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas sentadas e interior

Onte viñeron os do programa 'Fun polo aire' da TVG a gravar ó colexio a pequenxs dos primeros cursos de Primaria. E que mellor que facelo na nosa bonita e renovada biblioteca! 

Deixámosvos unhas imaxes dxs protagonistas...

La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas, mesa e interior

La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas sentadas, mesa e interior


La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas


La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas, mesa e interior


La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, personas sentadas




NOVO 'LOOK'!!

La imagen puede contener: personas sentadas e interior

Deixámosvos unhas imaxes da biblioteca tras a última reforma da semana pasada: o cambio do chan por unha tarima flotante máis cálida e acolledora e a reubicación dalgunhas estanterías. 

Que vos parece o cambio?

La imagen puede contener: una persona, sentada e interior

La imagen puede contener: personas sentadas e interior


GRADUACIÓN DE INFANTIL 2018


Que se nos fan maiores!!

O alumnado do último curso de Infantil, moi ben acompañado da súa profe, Rocí­o, e dos seus familiares, celebrou a semana pasada na biblioteca a súa graduación. O curso que ven estarán xa en Primaria! 

Se parece que foi onte cando empezaban no cole...