O día 5 de maio, os alumnos e alumnas do club de lectura, realizaron unha saída a A Coruña na que estivo incluído un roterio literario pola parte antiga da cidade no que puideron pasear con tranquilidade e coñecer un pouco máis desta parte da cidade. Achegáronse tamén ata a Torre de Hércules, aproveitando o bo tempo da xornada e despois gozaron de tempo libre. Foi unha xornada moi divertida e que se fixo curta!
Roteiro Literario Valle-Inclán
O martes, 1 de xuño, os membros do Club de Lectura Lectour@s seguimos os pasos de Valle-Inclán polas rúas de Compostela. Esta ruta literaria levounos dende a Alameda ata o Mirador de Belvís, pasando polo Obradoiro, A Quintana, Cervantes, O Preguntoiro ou a rúa Nova, entre outras rúas e prazas da cidade, nas que fixemos paradas, en lugares sinalados, para ler fragmentos de obras do autor relacionadas en ditos lugares.
Ademais diso, grazas a Maica, gozamos dunha visita guiada pola Praza de Abastos que rematou con unha sorpresa que Maica tiña preparada para nós: a visita de Brígida, de Xearte Brigitte, e unha degustación dos seus xeados. Fixeron da visita unha gran experiencia inesquecible grazas ás súas explicacións. Como di Anne, a protagonista do libro que o grupo 2 do club limos neste terceiro trimestre "Anne, a de Tellas Verdes" de L. M. Montgomery: "E comemos xeado. Non teño palabras para describir ese xeado. Marilla, asegúroche que foi sublime".




















