O pasado mes de marzo, o noso alumnado de 6º de Primaria gozou dun novo obradoiro de radio a cargo de Damián, de Ponte nas Ondas. Unha xornada que lles permitiu seguir profundizando nos seus coñecementos sobre o funcionamento da radio, a creación de podcasts e a dobraxe radiofónica. Moitas grazas, unha vez máis, a Damián polo seu entusiasmo e a súa forma de transmitir.
Obradoiro de Radio
O pasado venres, 7 de marzo, o alumnado de 5º de Primaria participou no Obradoiro de Radio na Biblio da man Damián, de Ponte nas Ondas. Un obradoiro no que seguiron aprendendo sobre a radio escolar, profundizando en aspectos xa traballados e incorpornado o traballo en Ficcións sonoras. Unha xornada que o alumnado gozou e do que levan un gran aprendizaxe.
Obradoiro Radio na Biblio.
O pasado mércores, 28 de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria gozou do obradoiro de Radio na biblio impartido por Damián, de Ponte nas Ondas. Foi unha xornada moi interesante na que aprenderon a elaborar os seus propios guións, un pouco de edición e a traballar coa mesa de son. Un ano máis, e xa van uns cantos, quedamos encantados coa profesionalidade e bo facer de Damián, moitas grazas por todo!
Obradoiro de radio
O pasado xoves, 25 de maio, o alumnado de 3º de Primaria gozou dun obradoiro de radio impartido por Damián, de Ponte nas Ondas. Nel estiveron a traballar distintos aspectos a ter en conta para a creación dun programa de radio, como pode ser a maneira de expresarse, para despois poñer en práctica eses coñecementos elaborando un guión e realizando un pequeno programa por parellas. Todos pasaron polos micros e todos manexaron a mesa. Foi unha xornada moi instrutiva, na que os nosos alumnos e alumnas o pasaron moi ben ao tempo que aprendían. Moitas grazas a Damián, unha vez máis, polo seu bo facer. Repetiremos!
Obradoiro de radio
Esta semana o alumnado de 6º e de 2º de primaria gozou co obradoiro de radio impartido por Xerardo e Damián de Ponte nas ondas. Foi unha xornada moi instrutiva, divertida e inspiradora, na que o alumnado de 6º aprendeu os fundamentos para crear un podcast e máis tarde, xunto ao alumnado de 2º, puxérono en práctica. Moitas grazas por esta gran experiencia, Xerardo e Damián!





































