Xela Arias

  Este ano o Día das Letras galegas estivo dedicado a Xela Arias. Unha das actividades, proposta combinada do ENL e do EB, do Mes das Letras a proposta combinada do ENL e do EB foi a ilustración de versos do libro Darío a Diario da autora homenaxeada.  Aquí vos deixamos unha mostra da arte do noso alumnado! 

4º de Infantil


5º de Infantil

6º de Infantil


2º de Primaria


3º de Primaria


 En 4º de Primaria investigaron sobre Xela Arias e leron o conto da autora "Non te amola!" aplicaron a técnica do Pop Art de Andy Warhol a unha imaxe súa.


 Ademais de todo isto, os mestres de Música de Primaria e de 5º de Primaria compuxeron unha copla dedicada a ela que cantou todo o alumnado de Primaria co acompañamento do de Infantil deixándonos este traballo tan fermoso!




Apadriñamentos lectores

  Esta semana por fin se levaron a cabo os apadriñamentos lectores! Esta é unha das actividades do noso Mes das letras e comezámolos con motivo do Día do Libro, pero debido ao mal tempo, adiámolos ata esta semana, a semana das Letras. Foi unha xornada que disfrutaron tanto os nosos voluntarios e voluntarias, que foron os encargados de facer as lecturas, como o alumnado de Infantil, aos que leron. Foi unha xornada moi festiva e enriquecedora e que a todos lles gustaría repetir.



















Visita de Eva Mejuto

  O día 19 de maio visitounos Eva Mejuto. Actividade estivo enmarcada dentro do noso Mes das letras.  A autora contou, aos nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de primaria o seu conto "Dez gatiñas viaxeiras". Despois faloulles da arte de crear novas historias, dándolles pistas para que eles inventasen as súas propias historias. Foi unha xornada moi enriquecedora, grazas a Eva pola súa visita!

















Formación Radio na biblio

  O día 14 de abril o noso alumnado de 6º de primaria gozou dunha xornada de formación a cargo de Damián, da asociación Ponte nas Ondas. Foi unha xornada moi enriquecedora e divertida grazas ao seu bo facer, así que só podemos agradecerllo!






A volta ao mundo de 5 anos

  Seguimos mostrándovos as actividades do proxecto "A volta ao mundo" nas distintas clases. Agora tócalle o turno á aula de 6º de Infantil. Coa axuda da súa profe, Rocío, embarcáronse no proxecto "Pintores do mundo", no que se propuxeron traballar pintores de todos os continentes. Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo:


 Por outro lado, tamén estiveron traballando o conto "Dez gatiñas viaxeiras" de Eva Mejuto e Víctor Rivas:


 Canto traballo, parabéns!




Italia, 3 anos

 Ola a tod@s!

Pouco a pouco iremos mostrando as actividades que foron realizando, nas distintas clases, sobre o proxecto de "A volta ao mundo".

 Comezamos co alumnado de 3 anos. Eles viaxaron a Italia e déixannos este vídeo mostrando todo o que traballaron. Parabéns!



Furgoneta Solidaria

  Hoxe viñeron ao noso centro dous bombeiros do parque de O Carballiño. A súa misión foi recoller o material escolar coa que toda a comunidade educativa do noso cole quere apoiar a iniciativa da ONG "Furgoneta Solidaria" que levará ese material a Guinea-Bissau. Este proxecto apoia e reforza a educación dos máis pequenos e pequenas de Bafatá, unha das máis pobres e desfavorecidas do país.







Novidades

  Levabamos unhas semanas sen compartir as novidades que van chegando á nosa biblio, así que aquí vos deixamos as últimas adquisicións!






Día da Terra

  No Día da Terra, os alumnos e alumnas de 4º de primaria, inspirados no libro da Mochila Viaxeira "Plasticus Maritimus", representaron unha problemática moi actual e incluso descoñecida. Estes bonecos mariños gardan no seu interior unha sorpresa moi desagradable... Plástico! Con isto queren crear conciencia sobre a importancia de reducir e reciclar o plástico para que non remate no chan e, en último lugar, no mar, causando a morte de moitos animais que confunden o plástico co alimento. Xa sabedes, reduce, recicla e reutiliza! Eco-TOURíza-TE!