Radio na Biblio

Xa se pode escoitar o terceiro programa de radio do Cineclub Touro. Esta vez fálannos de "Luces de la ciudad" e, como o progama anterior, este tamén foi realizado desde as casas, como eles nos explican moi ben. Esperamos que o disfrutedes!

Luces de la ciudad

Crea a túa historia!

Ola de novo!
Como sabedes, pouco a pouco, estamos subindo ao noso Facebook todos os vídeos que nos mandastes coas vosas recomendacións lectoras para este confinamento. Á espera de poder subilos todos a este blog, gustaríanos propoñervos o outro reto.
Xa coñecemos os vosos libros favoritos para pasar estes días máis entretidos, pero agora queremos que sexades vos os creadores das historias! Inventade un relato (pode ser un conto, un relato curto, un cómic... deixade voar a vosa imaxinación!) ilustrádeo e compartídeo con todos nós!
Como sabedes, este ano estabamos a traballar o proxecto de "A volta ao mundo", polo que vos animamos a que as historias que creedes estén relacionadas dalgún xeito co proxecto.
Unha vez que teñades o relato escrito e ilustrado podedes sacarlle fotos e envialas ao noso correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Tedes ata o 9 de maio.
Agardamos os vosos correos!!


Ánimo!

Mentres imos recibindo os vídeos das vosas recomendacións lectoras, queremos compartir con vós varias mensaxes de ánimo que alumnado de distintos cursos vos queren facer chegar, como eles din, todo vai saír ben! Moito ánimo a tod@s!

Aroa:

Sara:

Alba:

Santiago:

6º de primaria

Ali e Mariam:

Celtia:

Dana:

Diana


Erea:



Alumnado e profes de Infantil:



José:
 Manuel:



Marco:


Sofía:



Eu leo na casa...

Ola de novo a tod@s!
Como sabedes, o 23 de abril celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca queremos animarvos a que compartades con todos as vosas lecturas deste confinamento. Para iso necesitamos que nos mandedes un vídeo curtiño donde nos digades o título, o autor e de que vai o libro que queredes compartir cos demais e nós irémolos subindo ao blog e ás nosas redes sociais. Animádevos! Enviade os vosos vídeos ao noso correo antes do 23 de abril: biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Agardamos os vosos vídeos!

Ah! E se xa quedastes sen lectura, lembrade que a plataforma GaliciaLe permítevos acceder ao seu catálogo de obras en formato electónico con só rexistrarvos.

GaliciaLe



Radio na Biblio

Xa podedes disfrutar do segundo programa da Radio do cole e do Cineclub Touro, foi realizado polo alumnado de 5º de primaria e o seu profe Paco e novo fixeron un gran traballo, máis tendo en conta que o levaron a cabo dende as súas casas. Desta volta fálannos da película "El gabinete del Dr. Caligari", esperamos que vos guste e, como din eles, se non a vistes aínda, animádevos!


Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e, aínda que non nos podemos achegar á biblioteca para desfrutalo, queremos achegarvos os libros dalgunha maneira. Por iso queremos compartir algunhas iniciativas para facer máis levadeiros estes días.

kalandraka tv e os seus "Contos contados" donde xa podedes atopar contos como "O pirata valente", "A cebra Camila", "A que sabe a lúa?" ou "O coelliño branco" e á que siguen subindo novos contidos.

OQO Filmes donde podedes atopar os filmes de "Corre corre, cabaciña", "Cocorico" ou "Caracois"

Colectivo NOGA e a súa proposta "Pandemia de contos" con relatos para nenos e maiores.

GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das Bibliotecas Públicas galegas permítenos acceder aos seus fondos só con rexistrarnos para seguir lendo nas nosas casas durante esta corentena.

Esperamos que vos sexan de utilidade e lembrade: #Euleonacasa #EuQuedoNaCasa