Crea a túa historia!

Ola de novo!
Como sabedes, pouco a pouco, estamos subindo ao noso Facebook todos os vídeos que nos mandastes coas vosas recomendacións lectoras para este confinamento. Á espera de poder subilos todos a este blog, gustaríanos propoñervos o outro reto.
Xa coñecemos os vosos libros favoritos para pasar estes días máis entretidos, pero agora queremos que sexades vos os creadores das historias! Inventade un relato (pode ser un conto, un relato curto, un cómic... deixade voar a vosa imaxinación!) ilustrádeo e compartídeo con todos nós!
Como sabedes, este ano estabamos a traballar o proxecto de "A volta ao mundo", polo que vos animamos a que as historias que creedes estén relacionadas dalgún xeito co proxecto.
Unha vez que teñades o relato escrito e ilustrado podedes sacarlle fotos e envialas ao noso correo biblioteca.cpifontediaztouro@gmail.com. Tedes ata o 9 de maio.
Agardamos os vosos correos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario