Amosando publicacións coa etiqueta Voluntarias/os. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voluntarias/os. Amosar todas as publicacións

Dando a chapa co 8M

 O pasado 8 de marzo foi o Día da Muller, pero no noso centro festexámolo ao longo de toda a semana anterior. O alumnado deseñou e fixo chapas que despois, e baixo o leme "Dando a chapa co 8M" alumnado voluntario da biblioteca e alumnado de Infantil, repartiu pola feira, acompañados da música interpretada polos músicos e músicas de 6º de Primaria. Unha xornada para celebrar e reivindicar! Parabéns a todos e a todas as que participaron e moitas grazas aos veciños e veciñas de Touro polo amable recibimento das chapas!










 Aquí vos deixamos tamén un vídeo co resumo das actividades relacionadas co 8M realizadas polo alumnado de 5º de Infantil. Moitas grazas á titora por este traballo!





Xurado Portas da música

  O noso xurado xa pasou a valorar as portas! O alumnado voluntario da biblioteca foi o encargado de pasar por todas as portas do centro para outorgar os premios ás mellores Portas musicais. Todos os voluntarios e voluntarias votaron a mellor porta de Infantil, pero despois dividíronse: o alumnado voluntario de Primaria valorou as portas de Secundaria e o de Secundaria o de Primaria. Unha vez vistas e valoradas, emitiron o seu voto, que aínda non se pode dar a coñecer, farémolo o Día do Libro. Ata entón, paciencia e parabéns polo traballo realizado!












Formación de usuarios

  O Día das bibliotecas, xunto coa presentación do PDI de centro, realízase a formación dos ususarios e usuarias da biblioteca. Recordamos, fundamentalmente, normas de uso, distribución dos fondos e funcións do alumnado voluntario, á vez que os animamos a participar no programa.

 Máis adiante, unha vez que xa está formado o grupo de voluntariado, lévase a cabo unha formación máis específica dirixida a eles. Volvemos recordar as normas de uso, a distribución dos fondos, o xeito de localizar os fondos e, sobre todo, o manexo do Meiga para que eles e elas realicen empréstitos e devolucións.  Unha vez realizada esta formación, o alumnado comeza a desenvolver as súas función, para o que se elabora un calendario que despois se coloca no taboleiro da biblioteca, así como nas distintas aulas.



Entrega de premios

  O pasado luns, como xa vén sendo tradición, levouse a cabo a entrega de premios dos distintos concursos convocados ao longo deste primeiro trimestre polo Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Linüística. Dúas voluntarias da biblioteca foron as encargadas de facer de mestras de cerimonia, polo que lles damos as grazas!

 Entregáronse os premios ás mellores cabazas:







 Aos gañadores do concurso Relatos de medo:




 E aos de Poemas e debuxos de Nadal:





 Deixámosvos tamén aquí as fotos das cabazas gañadoras. Como ben dixeron as voluntarias, había moitas e moi fermosas, polo que ao xurado, formado polo alumnado voluntario de ESO, lle custou tomar unha decisión, pero aquí van:
Gaita:


Kiss:

Profe Gonzalo:

Piano:

Folk in Río:


Muiñeira:


Batería:


Parabéns a tod@s @s premiad@s!








Cantos de Reis

  Que xornada tan emotiva vivimos o luns! Repetimos as visitas que tantas alegrías nos deron o ano pasado, así que volvemos levar os nosos Cantos de Reis (con repertorio ampliado!) ao PAI (Punto de Atención á Infancia) á residencia de maiores "Os Tercios". De volta cara o colexio paramos tamén no Concello e nunha cafetería para animar aos veciños e veciñas da vila. Unha xornada moi fermosa, na que fomos moi ben acollidos e acollidas e que nos encheu de ledicia. Moitas grazas ás mestras do PAI,  ás coidadoras, usuarios e usuarias da residencia, ao persoal do Concello e, sobre todo, ao alumnado e aos mestres que prepararon e fixeron posible que as panxoliñas chegasen a tanta xente, moitas grazas! Esperamos repetir!


























Día do libro. Apadriñamentos lectores

 O pasado mércores 23 de abril celebramos o Día do libro no  noso centro o que marcou o inicio do noso Mes das Letras. Unha das actividades de este e que xa é unha tradición sos apadriñamentos lectores que este ano tiveron lugar o propio Día do Libro. O alumnado voluntario da biblioteca realizou lecturas para o alumnado de Infantil. Aproveitando a mañá solleira, o alumnado distribuíse polo patio en grupos de 2 ou de 3, os voluntarios e voluntarias achegáronse aos distintos grupos e realizon as lecturas dos libros que levaban. Foron rotando por varios grupos unha vez rematada a lectura ao primeiro, así foron varios os contos que escoitaron, con moita atención os alumnos e alumnas de Infantil.

 Trátase de unha actividade que o alumnado voluntario agarda con moita ilusión, preparando as lecturas con tempo para facelas amenas aos seus oíntes e que o alumnado de Infantil acolle con moito interese e gozo. Unha gran xornada de convivencia e aprendizaxe para eles e que sempre piden repetir.