O Día das bibliotecas, xunto coa presentación do PDI de centro, realízase a formación dos ususarios e usuarias da biblioteca. Recordamos, fundamentalmente, normas de uso, distribución dos fondos e funcións do alumnado voluntario, á vez que os animamos a participar no programa.
Máis adiante, unha vez que xa está formado o grupo de voluntariado, lévase a cabo unha formación máis específica dirixida a eles. Volvemos recordar as normas de uso, a distribución dos fondos, o xeito de localizar os fondos e, sobre todo, o manexo do Meiga para que eles e elas realicen empréstitos e devolucións. Unha vez realizada esta formación, o alumnado comeza a desenvolver as súas función, para o que se elabora un calendario que despois se coloca no taboleiro da biblioteca, así como nas distintas aulas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario