Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Orientación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Orientación. Amosar todas as publicacións

Obradoiro de chapas

 Outra das actividades que se levaron a cabo polo 25N foi un obradoiro de chapas, organizado polo Departamento de Orientación e levado a cabo pola entidade Anacos.





Iceberg da violencia de xénero.

 Outra das actividades do 25N foi a creación do "Iceberg" da Igualdade. Elaborado polo alumnado de 6º de Primaria, completado polo alumnado de Secundaria, foi unha forma moi visual de mostrar aquilo que máis visible é, en relación á violencia contra a muller, e o menos visible. Ao longo da semana do 25N, o alumnado de Secundaria, traballou, coa axuda da orientadora, sobre os distintos tipos de violencia para despois plasmalo no "iceberg". Quedou exposto no corredor do comedor para que todo o alumnado o vise e lle servise para reflexionar. Un gran traballo!
















"Scape room" pola Igualdade.

 Durante a semana o 25N o alumnado de Secundaria participou na actividade "Scape room" pola Igualdade, un obradoiro, organizado polo Departamento de Orientación, e levado a cabo pola entidade "Anacos" no que o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO vivía a experiencia de coñecer un caso dunha muller víctima de violencia machista e á que eles tiñan que intentar axudar. Foi, sen dúbida, unha experiencia única.

























'Adiviña' que premios son estes...


E por certo, aínda non truxeramos por aquí as imaxes da entrega de premios do concurso das adiviñas organizado polo Departamento de orientación. Houbo incluso música, boa música. As ganadoras do concurso foron, recordemos, Shaila García na categoría A, María Suárez na categoría B e Zaira Martínez na categoría C.

Moi ben feito, mozas!! Noraboa ás tres!! E parabéns e agradecementos tamén ao resto de participantes.



  









Charla de orientación con exalumnas do centro


Moi interesante- incluso emotivo en certo momento- o rato largo compartido onte con Vanessa, Cristina (exalumnas de Touro) e Natalia sobre os estudos, as distintas vías académicas e profesionais, as carrerias,...

A conclusión á que chegamos? Loitar e non renderse xamais!!