DÍA DA PAZ. 'MULLERES POLA PAZ'
As actividades para o día da Paz xa van estando listas. O lema para este curso, 'MULLERES POLA PAZ'.
Penduradas na biblioteca están ducias de pombas coa imaxe e breve biografía
de mulleres que actualmente están a traballar no eido da Paz para dar a coñecer a estas mulleres que están a loitar desde
diferentes ámbitos por un mundo mellor.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjFyCphbOU4BnNSpiQKdN8d8wx8QulEkdIfQuTqIbsHNQHV8Kwe4EKkSRdQdqb0ng2EInj8n4eiXVsF-LtfaeH5ISQVSadWbj7gABRg5-UbUouRkM_vHsuL2yfTeY8MDI60BGu6Pax_JD1V/s640/IMG_20190124_120417.jpg)
DOCES, CARAMELOS E LAMBONADAS POLA PAZ
Non hai lambonadas máis doces que aquelas que saben a Paz,Concordia, Fraternidade, Respecto e Amizade...
LIBROS POLA PAZ
Exposición de libros para Infantil, Primaria e Secundaria coa Paz e a non-violencia como temática de fondo.
'MÁIS MULLERES POLA PAZ'
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjFyCphbOU4BnNSpiQKdN8d8wx8QulEkdIfQuTqIbsHNQHV8Kwe4EKkSRdQdqb0ng2EInj8n4eiXVsF-LtfaeH5ISQVSadWbj7gABRg5-UbUouRkM_vHsuL2yfTeY8MDI60BGu6Pax_JD1V/s640/IMG_20190124_120417.jpg)
'A PAZ CXS PEQUES'
Tamén celebramos á Paz coas nenas e nenos de Infantil. Vendo un par de historias curtas sobre a amizade, escoitando e axudando a recitar o bonito poema de Gloria Fuertes sobre a Paz, 'Solo tres letras', e falando un chisco pasamos un bo rato. E de agasallo unhas lambonadas da Paz...🍬🍭
'POMBAS POLA PAZ'
Reparto das pombas da Paz que fixo todo o alumnado do colexio. Parte das voluntarias e voluntarios (5°, 6° de Primaria e 1° ESO)estiveron a regalar polas rúas, polas tendas, á Residencia e a gardería as nosas pombas con mensaxe...
'NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ,
A PAZ É O CAMIÑO'
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)