DÍA DA PAZ. 'MULLERES POLA PAZ'



As actividades para o día da Paz xa van estando listas. O lema para este curso, 'MULLERES POLA PAZ'.


DOCES, CARAMELOS E LAMBONADAS POLA PAZ

Non hai lambonadas máis doces que aquelas que saben a Paz,Concordia, Fraternidade, Respecto e Amizade...










LIBROS POLA PAZ

Exposición de libros para Infantil, Primaria e Secundaria coa Paz e a non-violencia como temática de fondo. 





'MÁIS MULLERES POLA PAZ'

Penduradas na biblioteca están ducias de pombas coa imaxe e breve biografía de mulleres que actualmente están a traballar no eido da Paz para dar a coñecer a estas mulleres que están a loitar desde diferentes ámbitos por un mundo mellor. 


 
















'A PAZ CXS PEQUES'

Tamén celebramos á Paz coas nenas e nenos de Infantil. Vendo un par de historias curtas sobre a amizade, escoitando e axudando a recitar o bonito poema de Gloria Fuertes sobre a Paz, 'Solo tres letras', e falando un chisco pasamos un bo rato. E de agasallo unhas lambonadas da Paz...🍬🍭


























'POMBAS POLA PAZ'

Reparto das pombas da Paz que fixo todo o alumnado do colexio. Parte das voluntarias e voluntarios (5°, 6° de Primaria e 1° ESO)estiveron a regalar polas rúas, polas tendas, á Residencia e a gardería as nosas pombas con mensaxe... 

















































'NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, 
A PAZ É O CAMIÑO'




Ningún comentario:

Publicar un comentario